Lugo, 26 de abril de 2019. O Executivo da Deputación aprobou en Xunta de Goberno a contratación do deseño dunha APP para dispositivos móbiles que arranca con 1.000 puntos turísticos e un roteiro interactivo. Trátase dunha iniciativa na que o Goberno Provincial leva traballando dende hai tempo e que consiste no deseño e posta en funcionamento dunha APP, que se poderá descargar dende todos os tipo de dispositivos electrónicos e que ofrecerá información turística. O roteiro interactivo farase primeiro na cidade de Lugo pero preténdese ampliar a outros lugares da provincia.
Son un total de 142.000 euros os que se destinan á creación desta APP, que comezará a funcionar con 1.000 puntos de intereses de toda a provincia e un roteiro intelixente sobre o casco histórico da cidade de Lugo, que incluirá 12 puntos de información. A empresa adxudicataria terá agora que ofrecer varias propostas con todos os detalles. É dicir, cales van a ser exactamente estes primeiros 1.000 puntos de interese turístico da provincia ou o deseño exacto da ruta en Lugo, entre outras moitas cuestións.
Este proxecto inclúe ademais a instalación de 200 novos paneis informativos ou sinais sobre os recursos turísticos, patrimoniais, gastronómicos ou culturais do casco histórico de Lugo. Tamén máis de 150 indicadores peonís para os visitantes.
Para o funcionamento desta APP, colocaranse unha ducia de tótems, que ofrecerán sinal bluetooth para realizar a ruta. Cada vez que un usuario pase con diante deste tótems, recibirá información auditiva sobre o recurso turístico que está a ver.
Isto é un proxecto máis amplo pero que arrancamos na cidade de Lugo. Cómpre lembrar que a Deputación xa colaborou coa Mancomunidade da Mariña na elaboración dun proxecto semellante, que fixo posible audioguías sobre os cascos históricos de Viveiro, Ribadeo e Mondoñedo.
Mellora en estradas
O Goberno Provincial tamén aprobou na Xunta de Goberno de hoxe adxudicar obras de mellora de case 5 quilómetros de 2 estradas provinciais, que discorren por Baleira e Riotorto, con 220.000 euros. En Baleira rehabilitarase o firme dun treito de 3 quilómetros da LU-P-0403 con 111.380 euros. E en Riotorto, un treito de 1,9 da LU-P-2801 con 108.268 euros.






















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



