Lugo, 1 de maio de 2019. O Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, xunto a outros membros da corporación municipal, participaron este mércores, nos actos da XLI edición da Festa da Troita da Pontenova, coa que colabora o Executivo Provincial. Este evento, declarado como Festa de Interese Turístico Nacional, desenvolveuse ao longo deste martes e mércores, e reuniu a 130 pescadores de Galicia, Asturias e outras comunidades.
Campos Conde sinalou que “a Festa da Troita da Pontenova é un evento consolidado no noso Concello que conta con máis de 40 anos de tradición, sendo ademais a segunda festa da troita máis antiga de Galicia, o que supón tamén un importante revulsivo económico para a contorna da Mariña e a provincia. Durante os dous días máis de 4.000 persoas achegáronse a esta festa que reúne actividades moi variadas: actuacións de bandas de música, sesións vermú, concursos de pesca ou degustacións de troita, entre outras”.
Nesta cita, que acadou unha ocupación hoteleira do 100%, tiveron lugar os concursos de pesca (lance, salmón e mosca) e, como novidade, a I Ruta de Sendeirismo Festa da Troita Vía Verde, que discorreu pola antiga vía do tren que vai desde A Pontenova e Ribadeo, pasando ao carón do río Eo e por 6 túneles de pedra. Esta ruta gratuíta e para todos os públicos tivo un percorrido total de 12,5 km. Ademais, na xornada do martes, tivo lugar o pregón a cargo da actriz e presentadora, Isabel Blanco e unha degustación de troitas. Ambos os dous días, a xornada estivo amenizada polas orquestras: Costa Dorada, Anaconda e Solara.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



