Lugo, 2 de maio de 2019. O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, o Concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, o Vicepresidente do Pescados Rubén Burela FS, José Luis Saez Castro, xunto con outros membros da directiva, recibiron, este xoves no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, aos xogadores e ao corpo técnico deste equipo. Fixérono nun acto de recoñecemento ao seu traballo, tras acadar o ascenso á Primeira División do fútbol sala nacional o pasado 13 de abril.
Santos Ramos agradeceu ao equipo e tamén ao seu patrocinador, “o esforzo e o traballo que realizaron durante toda a tempada para acadar este éxito. O equipo xa ten fixado o seu próximo reto que é pelexar por revalidar a Copa Galicia XXVIII. Dende o Goberno da Deputación, é un orgullo recibir aos futbolistas do Pescado Rubén Burela FS, o único equipo de España que conta co equipo masculino e tamén feminino na máxima categoría do fútbol sala”.
Pola súa banda Rivera Capón, felicitou a todo os xogadores e remarcou que “colaboramos co Pescados Rubén Burela Fútbol Sala posto que leva á provincia de Lugo por todo o territorio nacional. Nunha vila de apenas de 10.000 veciños, este equipo colleitou grandes éxitos, e de seguro seguirano facendo. Ademais, gustaríame sinalar que o deporte lucense está de celebración pois o equipo masculino Emevé acadou tamén o ascenso a primeira categoría. Desexámoslle a mellor das sortes e tamén ao Cafés Candelas Breogán e ao Club Deportivo Lugo na súa loita por manterse na categoría”.
O Vicepresidente do club destacou que o equipo non so conseguiu o ascenso se non que gañou a liga da Segunda División de Fútbol Sala, unha competición que normalmente gañan os filiais dos grandes equipos, que non teñen a posibilidade de ascender.
O club
Esta entidade deportiva comezou a súa andaina no 2001 coa sección masculina e foi incrementándose chegando a conformar en 2008 a categoría feminina. O Club conta con máis de 200 xogadores, facendo un importante labor de integración social. As compañeiras do equipo feminino, compiten na Primeira División Liga Foro 16 Feminismo. As categorías inferiores do Pescados Rubén de Fútbol Sala integran a máis de 140 rapaces de 9 nacionalidades estranxeiras, sendo Cabo Verde o país máis representado con 18 xogadores.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
