Santiago de Compostela, 7 de abril, 2019. A deputada do BNG, Noa Presas pediu hoxe ao Goberno galego a “adquisición pública” de Alcoa para garantir o emprego mentres non apareza un investidor privado solvente.
Ademais, a proposta defendida pola nacionalista reclama da Xunta a elaboración de estudos xurídicos e económicos para que o Goberno central axilice a adquisición pública no próximo mes de xullo.
A parlamentaria do BNG, tras saudar aos membros do comité de Alcoa presentes na tribuna de convidados, explicou que Alcoa Coruña conta con 400 postos de traballo directos e centos indirectos ao que sumou as consecuencias do emprego tras a ameza da multinacional sobre a fábrica de San Cibrao pola súa incidencia económica na Mariña lucense.
Por outra parte, lembrou que a planta de alúmina en Cervo emprega a máis de 500 persoas, e a de aluminio fai que o complexo industrial chegue a rondar os 1.200 traballadores e 2.000 en empresas auxiliares.
Na súa intervención, Noa Presas pediu ao goberno que non se colocara de perfil e puxera en marcha todos os mecanismos para impedir o peche de Alcoa. Dende a tribuna e mostrou un informe da Universidade da Coruña, “serio e rigoroso” que avala a “legalidade e viabilidade da adquisición pública das fábricas de Alcoa a través da SEPI”.
No pleno pasado, lembrou a nacionalista, abordabamos a crise da industria galega, particularmente da industria electrointensiva.
Acompañábanos na tribuna traballadores de Alcoa agardando solucións a unha crise que cada vez ten menos tempo por diante para resolverse pero o que recibiron do goberno foi “un mitin preelectoral”.
Dende o BNG, hoxe volvemos a pedir “responsabilidade e planificación” e seguimos agardando a que o goberno dea o seguinte paso asumindo que resulta “indecente” que un país que exporta un 35% de enerxía para o resto do Estado pechen empresas polo prezo da enerxía.
A inestabilidade do sistema de interrumpibilidade deixounos crises en varios momentos, tamén para Alcoa, pero esta é a máis grave da historia. Unha crise nacida da política enerxética do PP que deseñou o marco das poxas e reducindo os tempos dun ano a seis meses engadindo grandes incertezas. “O Partido popular galego non fixo valer o seu peso político no Estado e ao PSOE faltoulle valentía”. Estamos, nun momento crítico porque descoñecemos se hai compradores viábeis, ou que pasará o vindeiro 1 de xullo se non hai comprador polo que volveu reclamar o apoio do Parlamento galego á iniciativa do BNG.
“Rectifiquen a súa política e cumpran os puntos acordados no Parlamento o pasado día 23 de Outubro. Incorporen á parte social á mesa de traballo do sector electrointensivo e defendan unha tarifa industrial que contemple a condición de Galiza de excedentaria na produción eléctrica.”
A parlamentaria do BNG rematou a súa intervención reiterando a necesidade de buscar un consenso para a “adquisición pública de Alcoa” e para tomar esta medida, recalcou non é preciso pedir autorización a Unión Europea, só e necesaria “vontade política”.


















Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



