Mondoeñdo, 7 maio, 2019. A actual rexedora e candidata á alcaldía de Mondoñedo, Elena Candia, pon en valor que durante o presente mandato “invertimos a imaxe do Concello. Cada vez se percibe máis a un Mondoñedo como un escenario de oportunidades”. Co obxectivo “firme” de continuar a traballar pola cidade, a popular encabeza de novo a candidatura, nesta ocasión integrada por 21 persoas, que conta cun proxecto “novo e ilusionante”.
Así, a alcaldable asegura que completamos a lista con persoas de diferentes idades e profesións, “aos que nos une un lema, o de Centrados en Mondoñedo”, ao igual que o demostramos durante estes anos. Neste eido, a popular resalta que tras este mandato “podemos presentar un balance que acredita que demos cumprimento ao programa electoral co que nos presentamos ás eleccións municipais de 2015”.
Elena Candia resume que traballaron co obxectivo de que Mondoñedo “contase con máis oportunidades e máis servizos que fixesen máis fácil e cómoda a vida dos veciños tanto do casco como das nosas parroquias”. E, por suposto, “buscamos potenciar o atractivo que ten a nosa cidade no eido turístico, converténdoa nunha cidade máis dinámica”
Balance benestar, turismo e emprego
En liñas xerais, a alcaldesa cita algunha das melloras que sumou Mondoñedo neste mandato. No eido do benestar, abriu e ampliouse o centro de día e “contamos coa autorización para dotalo dun servizo de unidade de alzhéimer”, asegura. Ampliouse e blindouse o SAF “sen listas de agarda, con máis usuarios e traballadoras e con novos servizos como o do apoio psicolóxico a usuarios con alzhéimer e as súas familias ou o de podoloxía para dependentes”.
Para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, entre outras medidas ampliouse a gardería e creouse unha ludoteca. E, por suposto, “temos unha aposta clara e decidida coa unidade de atención temperá”, precisa.
Tamén o Goberno de Elena Candia foi consciente da importancia que ten o turismo na localidade. “Incrementamos a oferta de atractivos turísticos, por exemplo coa inauguración do museo Álvaro Cunqueiro ou a creación dun albergue da natureza”. Ademais mellorouse a promoción turística e xeráronse marca e produtos, “sen esquecernos nunca do potencial da Cova do Rei Cintolo, así como da aposta polas feiras e festas locais”.
A popular tamén impulsou medidas co obxecto de dar a coñecer a potencialidade de Mondoñedo para investir e crear emprego. Neste eido, “potenciamos o polígono industrial, a través da xestión coa entidade propietaria para rebaixar o prezo das parcelas ou modificamos ordenanzas para posibilitar o asentamento de todo tipo de actividades e mesmo promovemos unha convocatoria de subvencións para o asentamento de actividades económicas”. A isto, pódeselle engadir a creación dun viveiro de empresas. Ademais, Mondoñedo é Concello Emprendedor por ofrecer vantaxes ás empresas para instalarse. A alcaldesa tamén pon en valor que a cidade conta coa marca A Horta de Mondoñedo.
A creación de prazas de aparcamento, co acondicionamento, por exemplo, dun novo aparcadoiro na Travesía das Casas Novas, xunto as axudas para rehabilitar vivendas ou as melloras en servizos básicos como o abastecemento de augas ou as redes de saneamento, son outras das actuacións acometidas no eido da vivenda e do urbanismo.
Obras
A colaboración entre administracións e a defensa dos intereses mindonienses, permitiu que durante este mandato en Mondoñedo se acometesen obras tanto en infraestruturas viarias nos principais accesos á cidade, no casco urbano, nos barrios e no rural; así en edificios educativos ou deportivos. Como exemplo pódense citar os máis de 2,5 millóns na LU-124 ou as obras de drenaxe na LU-160, así como a rúa Lence Santar, o proxecto para o Camiño de Fondoso ou varias actuacións e proxectos no barrio do Couto, entre outras. A isto súmanselle melloras no patio cuberto do colexio, na Casa da Xuventude, na pista do pavillón ou no campo de fútbol.
O rural, unha prioridade
As diferentes parroquias de Mondoñedo tamén foron unha prioridade para Elena Candia, coa posta en marcha dun plan de desbroce en todas as parroquias, o arranxo de camiños e a mellora de firmes. Investiuse en pistas do rural máis dun millón de euros. Tamén se levaron a cabo actividades nas parroquias, reunións periódicas, traballo coas asociacións, recollida de plásticos agrícolas ou renovación de luminarias; así como obras de mellora en escolas e centros sociais.
Xestión económica e municipal
Por último, no eido da xestión económica e municipal, Elena Candia fai fincapé na aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal así como que o Concello ten estabilidade orzamentaria. Resolveuse o Plan de Axuste e, en definitiva, incrementouse o investimento e acádase a débeda cero.
Candidatura
1. María Elena Candia López
2. Manuel Ángel Otero Legide
3. María Ángeles Rodríguez Rico
4. José Otero Rejes
5. Manuel Tapia Rivera
6. Alberto García Fernández
7. María Patricia Otero Doural
8. Beatriz Meilán Rego
9. Sabina del Pilar Allande Menéndez
10. Pascual Jesús Ares López
11. Pablo Redondas Losada
Suplentes:
Isidro Maseda Varela
María del Pilar Díaz Fernández
María Milagros Martínez Rivas
Marcos Candia Cuba
José Ramón Díaz Barreira
Sonia Fernández Cillero
Ana Mel López
Luciano Javier Folgueiro Lorigados
Luis Otero Pena
José Aquilino Bouso García























A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



