Ribadeo, 10 de xullo, 2019. O pasado día 2 de xullo de 2019 fará historia na vida do herbicida Glifosato. O parlamento austriaco decidiu ese dia que os productos que contivesen glifosato estarían prohibidos en aquel país alpino. Este herbicida, comercializado pola empresa Monsanto nos anos 70 do século pasado, foise extendendo por todo o mundo a través de unha campaña de marketing centrada na sua indiscutible eficacia e na sua suposta inocuidade. Ainda no 1993 a OMS e a EPA (USA) calificabano “ de baixa toxicidade”. Despois de infinidade de estudos e manipulacions pola empresa productora (agora Bayer), o 20 de marzo de 2015 a OMS declarouno “probablemente canceríxeno para a especie humana”. Dende entón unha morea de colectivos ecoloxistas, cidades e movementos sociais veñen loitando activamente para acadar a supresión definiva de este produto ca resistencia do sector produtor e comercializador e concretamente da Unión Europea que mantén unha moratoria ate 2022. Debemos suliñar aquí a laboura de un grupo de deputados europeos, entre eles de Lidia Senra para acadar unha prohibición definitiva que non acaba de chegar. Non é custión de centrarse agora nos efectos do glifosato sobre a saúde humana e sobre o medio ambiente porque están amplamente documentados nas redes e na mais diversa literatura.
O que queremos suliñar son tres cousas:
1.- O Glifosato estase usando de xeito moi extendido na nosa comarca, concretamente nos cultivos de fabas, millo, cunetas espazos públicos etc.
2.- Non existen iniciativas, nen da xunta, nen dos concellos, nen de colectivos sociais, ou estas son mínimas e de escaso impacto, para acadar a sua supresión en un prazo razoable.
3.- Faise imperativo poñer en marcha programas locais e comarcais ca máxima urxencia para reducir e suprimir este produto “probablemente canceríxeno” según a OMS ten recoñecido xa hai mais de catro anos.
O colectivo En Marea suxire unha serie de medidas de baixo custe e de escasa complexidade técnica que poden servir para iniciar un camiño nos concellos da Mariña.
1.- Constituir grupos de traballo abertos e transversais a nivel de concello ou de varios concellos e marcarse unha data límite para que toda a Mariña se teña declarado libre de glifosato, seguindo a iniciativa do Concello de Viveiro que xa adoptou este acordo no ano 2016.
2.- Adoptar programas de erradicación progresiva, comezando pola prohibición de uso en espazos públicos e administarcions a tódolos niveis.
3.- Aprobar programas de analises periódicos e programados, con métodos contrastados, de augas, alimentos, orina humana e outros parámetros que se acorden previos informes técnicos, para un seguimento programado debendo marcarse uns indicadores pbxectivos orientados á erradicación.
4.- Establecer planes de información e educación da veciñanza, agricultores, estudantes, etc. tanto a nivel de concello como comarcal, con proxección mediatíca e redes sociais escalonada e programada.
5.- Coordinación a nivel comarcal entre concellos, colectivos sociais, sindicatos do campo, AAVV, pais de alumnos, xubilados, sanitarios etc. Nos propoñeríamos unha coordinadora aberta de carácter comarcal pero se non fose posible poñela en marcha a corto prazo seríamos partidarios de iniciar coordinoras locais ou que agrupasen a varios concellos con carácter provisional.
En resumen trátase de pasar da inacción actual e a posición de “expectativa” a unha actitude activa, coordinada e orientada á supresión deste produto “probablemente canceríxeno” e altamente prexudicial para o medio, no prazo mais curto posible. O que aquí se prantexa son unas sinxelas suxerencias pero o noso grupo está aberto a calquer outro tipo de acción orientada no mesmo sentido.




















Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



