RIBADEO (FNC) .- “Comercio en movemento” así se denomina a campaña presentada hoxe polo Concello de Ribadeo e polo Centro Comercial Aberto que pretende poñer en común o traballo, o esforzo e os recursos co obxectivo de dinamizar a actividade diaria da vila e con ela do pequeno comercio que está ao pé de rúa.
A campaña dará comezo o 18 de marzo e prolongarase ata o 18 de abril, contempla: concertos na rúa a cargo da Escola de Música e Danza de Ribadeo; un concurso de fotografía co gallo da celebración do día do pai, moda e arte ao pé da rúa, que inclúe a apertura da IV edición de Mariñarte o 27 de marzo e un desfile de moda o 10 de abril; un concurso de pintura rápida o 17 de abril; unha campaña de animación á lectura, que terá lugar os días 29 de marzo e 10 de abril; e teatro para público familiar os días 21 e 31 de marzo e o 18 de abril. Do 18 de marzo ao 18 de abril pola compra nos establecementos do CCA regalaranse bonos dunha hora para o lecer no centro de ocio infantil Dubidú.
Tanto o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, coma o presidente de ACISA e do CCA, Gervasio Cao, destacaron a colaboración mutua para levar adiante esta campaña que tildaron de novidosa. O rexedor suliñou que “faremos durante un mes unha serie de actividades de teatro, de música, de pintura… onde nos escaparates dos comercios de Ribadeo os artistas da Mariña exporán as súas obras de arte, haberá concertos na rúa e concursos de fotografía ou desfiles de moda polas rúas de Ribadeo. Confiemos que, despois deste inverno longuísimo de chuvia, de vento e de frío, chegue a primavera e nos permita facer estas actividades ao aire libre para que Ribadeo siga sendo o que é, un referente estratéxico no comercio e que ao mesmo tempo estea acompañado de diferentes actividades no plano cultural e didáctico”.
Gervasio Cao explicou que “esta idea nace para recuperar dalgún xeito a vida na rúa e por reestructurar a campaña de nadal que repartía uns 12.000 euros en premios que se podían consumir durante todo o ano, entón decidimos concentrar toda a actividade nun mes. Éste é o mes no que se poden canjear eses premios que se entregaron na pasada campaña, quixemos facer unha especie de mes fantástico ou especial conxuntamente con algunhas das actividades que xa viña facendo de xeito habitual o Concello”. O presidende de ACISA/CCA amosou a súa satisfacción “por este paso e crer de verdade en que terá éxito sempre pensando no tema climatolóxico. É unha experiencia nova que esperamos sexa exitosa e que teña calado naqueles clientes habituais de Ribadeo, que son moitos. Ribadeo foi sempre un centro de compras tradicional hoxe transformado nun centro comercial aberto, agardamos que esas persoas se sintan seducidas por esta nova idea e que sexamos capaces de divertir con esta proposta”.





















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



