Lugo, 31 de xullo, 2019. Os senadores electos pola provincia de Lugo, José Manuel Barreiro, Rosa Arza e Manuel Varela Rodríguez, veñen de ser designados en destacadas Comisións da Cámara Alta. Estes novos nomeamentos súmanse á elección no día de onte de Jaime de Olano como vicesecretario de Participación do PP e á de Barreiro como voceiro de Economía en dito órgano das Cortes Xerais.
Deste xeito, os tres senadores amosan a súa satisfacción pola confianza depositada na súa persoa para desempeñar as responsabilidades que lles foron outorgadas, e manifestan o seu compromiso para “impulsar iniciativas que beneficien aos españois, aos galegos e aos lucenses, en particular”.
Comisións
Os nomeamentos realizados no día de hoxe son os seguintes. Ademais de voceiro de Economía, José Manuel Barreiro foi designado voceiro adxunto do Grupo Parlamentario Popular nesta Cámara; coordinador da Área Económica; vicepresidente da Comisión de Economía e Empresa; voceiro da Comisión de Incompatibilidades e vogal das seguintes Comisións: Ciencia, Innovación e Universidades e Xeral de Comunidades Autónomas.
Rosa Arza formará parte as Comisións de Dereitos da Familia e Adolescencia, sendo voceira de Familia; voceira adxunta da de Incompatibilidades e membro da de Función Pública.
Manuel Varela Rodríguez, das de Industria, Turismo e Comercio, sendo voceiro de Comercio; e membro da de Xeral das Comunidades Autónomas e de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.
Ao igual que fixo a presidenta provincial na tarde de onte, Elena Candia, tamén quere poñer en valor a “importante” representación dos tres senadores lucenses. “Creo firmemente que Lugo gaña con esta representación” e non dubida, insiste, “en que se traducirá nun traballo sin descanso para defender con absoluto rigor aos lucenses dende a posición que ten o Partido nas institucións centrais”.




















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



