Burela, 31 de xullo de 2019. A axenda cultural do Concello burelés para o mes de agosto inclúe cine ao aire libre, teatro infantil na rúa, unha nova edición do rastrillo popular solidario, a V Feira do Libro e o último espectáculo de Carlos Blanco e Touriñán, titulado Unha noite na praia. A axenda arrinca mañá co inicio do Certame Internacional de Pintura Mural Amarte 2019 e segue esta fin de semana coa Feira do Bonito e con Produart.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, comentou que “a programación cultural do Concello de Burela para este mes de agosto dá comezo coa Feira do Bonito que será este sábado 3 de agosto e tamén o 4. O sábado co reparto das racións de bonito clásicas e o domingo co marmitako. Paralelo á Feira do Bonito, desde o día 1 ao 4, será o Certame Internacional de Pintura Amarte 2019, mañá xoves comezarán a pintar os artistas. O sábado temos ademais un torneo de xadrez, xa fixéramos un no 2017, que se desenrolará nas instalacións da asociación A Moncloa, preto da zona portuaria. Tamén o sábado ás dez da noite teremos o concerto de Budiño, que organiza a Delegación de Cultura e será gratuíto”.
O edil seguiu a relatar que “o 9 de agosto teremos teatro infantil ao aire libre, como xa fixermos no 2015 con teatro na praia que fora moi interesante e diferente. Esta vez é unha obra que se chama Meme, o caracol prehistórico, que combina música con humor e será na praza da Mariña ás nove da noite. O 11 de agosto faremos a segunda edición deste ano do rastrillo popular solidario de verán. Xa se pode apuntar a xente chamando á Casa da Xuventude. Teremos tamén, entre o 14 e o 18 de agosto, o Festival Osa do Mar, que organiza Fanto Fantini e moitos establecementos de Burela ademais do propio Concello. Haberá moitos concertos de gran calidade”.
José Díaz manifestou que “o 28 de agosto teremos ás dez da noite a última sesión de cine ao aire libre, neste caso na praza do Concello. Este ano dividimos entre as dúas prazas as actuacións ao aire libre para que as dúas zonas do pobo teñan ambiente. Por último teremos a Feira do Libro que este ano será do venres 30 de agosto ao domingo 1 de setembro. Será a quinta edición, que coincide ademais cunha actuación moi esperada en Burela que é Unha noite na praia de Carlos Blanco e Xosé Touriñán, que estarán con dúas sesións e incluso chegará a haber tres se as ventas de entradas son moitas, que xa me consta que o son porque están á venta en internet en ataquilla.com. Con todo isto creo que se configura un agosto moi rico en eventos, moi de disfrutar ao aire libre ata que chegue a tempada de programar cousas no auditorio”.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



