Se calquera xurista espelido e neutral lle bota unha ollada ao Código Penal vixente (CP) e analisa os termos das acusacións perante o Tribunal Supremo (TS) contra os presos soberanistas cataláns e demáis acusados no seu proceso, só albiscará pegadas do delicto de desobediencia ao Tribunal Constitucional (556.1 CP; multa ou cárcere de tres meses a sete meses e medio se non hai agravantes) nos membros do Govern e na presidenta do Parlament, Carme Forcadell. Canto aos Jordis, non se albisca delicto ningún. Como moito podería existir algunha pegada non moi concluínte do tipo penal das desordes públicas (557 CP no seu tipo básico: 6 a 18 meses de cárcere se non houber agravantes).
Non se albisca malversación ningunha, non só por desbotala o ministro español Montoro, que daquela (setembro-outubro 2017) foi quen máis puido coñecer da súa existencia, senón porque o referéndum foi organizado rigorosamente de xeito que non se investise nel nin un euro público, precisamente para lle evitar aos cargos e funcionarios públicos eventuais responsabilidades por este delicto. Velaí o apaixoante e cinematográfico relato sobre quén trouxo as urnas, cómo e de que xeito.
Canto á rebelión do 472.5 CP que lles vou dicir! Todo o que cumpría xa o dixo o Tribunal Superior de Schleswig Hollstein ao rexeitar a extradición por este delicto do president Puigdemont. Non existiu elemento ningún de violencia física nin tampouco de ameaza de violencia (intimidación). Cómpre aplicar esta conclusión , tamén, ao delicto de sedición para determinarmos a súa inexistencia, por precisar o mesmo elemento violento ou intimidatorio.
A conclusión, pois, é nidia: a prisión preventiva acordada, que se alonga xa case dous anos, non ten alicerzamento legal ningún. E dirán vostedes… como puido ser isto posíbel?
A chave do ocorrido está na querela criminal presentada o 30.10.2017 pola Fiscalía Xeral do Estado e a súa inmediata admisión para trámite polo TS, que manifestou axiña que vía indicios de rebelión, polo menos no grao de conspiración. Deste xeito, o TS arrincoulle a competencia ao Superior de Catalunya, ao que lle cumpriría dacordo co Estatut e coa Lei Orgánica d Poder Xudicial e puido instruir logo ao seu xeito.
Despois, a Fiscalía Xeral e o TS (nas súas interlocutorias, sen prexulgar o que se poida dicir na sentenza) foron construíndo un relato político de rebelión e malversación aplicábel a supostos rebeldes perigosos, inserido na liña do peor Dereito Penal do Inimigo.
E velaí onde estamos hoxe. Teñen vostedes aínda dúbidas sobre se Junqueras, Rull, Turull, Forn, Romeva, Forcadell, Bassa, Sánche ou Cuixart son presos políticos? Eu, nesta altura, ningunha.


















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



