Foz 24 de agosto de 2019. A posta en valor do medio natural, a promoción de hábitos saudabeis , a promoción dun deporte con forte arraigo na mariña de Lugo, todos son obxectivos irrenunciables de calquera administración, e tamén do Concello de Foz. Estas apostas poden ser acadadas coa celebración dunha proba que é xa referente n calendario da Federación Galega de piragüismo e que xunta no entorno de 400 padexeiros anualmente durante o veran focego, apuntalando unha oferta deportiva e turistica, que enche o Concello de visitantes. A Travesia vense celebrando ininterrupidamente dende o ano 1962, e será este 25 de agosto a súa LVII edición. Como lembra o Cronista Oficial de Foz, Suso Fernández que colaborou na sua posta en marcha, foi o daquela alcalde de Foz Pepe Beltrán, querendo sacar partida ás augas da ría, quen pensou na posibilidade de logralo co piragüismo que podería axeitarse mellor ás condicións naturais da mesma, e con ese fin organizar unha travesía anual.
Trátase da segunda proba de piragúismo máis antiga de Galicia e a terceira máis antiga do estado, tralo descenso do Sella e o descenso do Miño. O Clube Kayak de Foz que a organiza cun esforzo e resultados a eloxiar, aporta coa súa actividade unha alternativa de deporte saudable e en contacto coa natureza para a xuventude da vila. Nos últimos anos, a agrupación tratou de relanzar esta actividade entre a xuventude, posto que é unha maneira máis de disfrutar do mar e a ría, aproveitando así a situación do concello, moi propicia para desenvolver este deporte. Xa foron varios os padexeiros destacados en torneos nacionais e internacionais que a carón de actividades vinculadas a Ría de Foz e a súa travesia, permite levar o Concello de Foz moito mais alá de Galicia.
A proba acada pois, méritos abondos para ser declarada de interese turístico de Galicia xa que para este obxectivo valoranse positivamente as manifestacións de exaltación de tradicións, cultura, gastronomía, etnografía e os eventos deportivos, xa que son unha demostración da acollida, amabilidade e hospitalidade pola que Galicia é recoñecida no mundo.
O Concello de Foz a traves da Concellaría de Deporte e Xuventude, ven de iniciar os trámites para poñer ainda mais en valor unha festa do deporte e de exaltación do medio natural do noso Concello.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
