Ribadeo, 27 de agosto de 2019. O alcalde en funcións de Ribadeo, Pablo Vizoso, insitiu hoxe en que a auga da traída segue a ser apta para o consumo segundo as analíticas realizadas por Viaqua, tras o vertido de xurro que se producía o pasado domingo en Vegadeo (Asturias) e que chegaba ao río Eo. O Concello está en contacto tanto coa Confederación Hidrográfica do Cantábrico como coas Consellerías de Sanidade e do Mar. Mañá, mércores, está previsto que se realicen analíticas extraordinarias nas praias dos Bloques e do Cargadeiro, situadas en plena ría, e haberá outras ordinarias arredor do 1 de setembro. De momento o Concello segue a recomendar que a xente non se bañe estes días neses areais, como medida de precaución.
Vizoso dixo que “desde o Concello queremos seguir transmitindo tranquilidade á poboación de Ribadeo. Queremos informar que estamos en contacto tanto con Viaqua como con outras administracións e organismos que teñen competencias nesta materia. Concretamente Viaqua síguenos informando de que a zona de captación de Vilarbetote non se viu afectada nin comprometida en ningún momento, xa que está situada augas arriba do lugar do vertido e que as análises diarias seguen mostrando valores dentro dos parámetros aptos para o consumo”.
O rexedor en funcións contou que “a Confederación Hidrográfica do Cantábrico xa nos confirmou que está limpando o río Ouría e retirando espumas e restos dese vertido e que iniciaron un programa de mostreos periódicos tanto no Ouría como no Eo, aínda que de momento non se coñecen os resultados desas análises”.
Vizoso sinalou que “nos puxemos en contacto novamente coa Consellería de Sanidade, que nos confirmou que mañá realizarán as mostras nas praias dos Bloques e do Cargadeiro e por precaución, simplemente por precaución, mantemos a recomendación de non utilizar esas praias, non usalas para o baño, e agardaremos a dispoñer dos resultados de dúas analíticas, a extraordinaria de mañá e outra ordinaria, que contamos que se realice sobre o 1 de setembro, a non ser que antes dispoñamos de información que nos recomende cambiar estas medidas. Contactamos tamén coa Consellería do Mar, que está facendo un seguimento da ría e seguirao facendo nos próximos días, e comunícanos que ata o de agora non se observou ningunha anomalía”.






















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.