Nun réxime alicerzado na democracia e no respecto ás liberdades a pena de cárcere ten unha tripla función de prevención especial (impedir certo tempo a liberdade de movementos do penado), prevención xeral (amosarmos que o delicto xera un acaído castigo) e de rehabilitación. Nos réximes demoliberais o cárcere restrinxe a liberdade persoal. Mais non pode limitar os dereitos dos internos á vida, á integridade física e moral, ao acceso á cultura e á educación, a unha alimentación sá e á comunicación periódica e íntima coas persoas queridas (o que ven esixir na práctica que os internos residan preto da súa contorna persoal). O cárcere non pode limitar a dignidade persoal nin os dereitos humanos das persoas presas distintos do da liberdade persoal.
Nos oito meses que van de 2019 morreron nos cinco cárceres galegos nove persoas presas: tres en Teixeiro, tres no Pereiro de Aguiar (malia a súa cativa poboación interna) e cadanseus n’A Lama, Monterroso e Bonxe. O observatorio de dereitos humanos galego ESCULCA e colectivos da función pública penitencial teñen denunciado estes gravísimos feitos. A Administración do Estado, responsábel da vida, saúde e custodia das persoas presas, está afracasar substancialmente nesta tarefa esencial ao Estado de Dereito. Mentres, o director do cárcere de Teixeiro e máis a directora do cárcere d’A Lama rexeitan entrevistarse cos representantes de ESCULCA, a principal ONG galega na promoción dos dereitos humanos nas prisións. Seica por se decatar dos graves incumprimentos da sanidade, tratamento e custodia penitenciarias.
Mentres, no ámbito dos media, as principais TV privadas estatais (A3 e Tele5) ofertan unha grella de programas que prioriza novas sobre crimes e propostas sobre un meirande grao de punición. Como si Galicia e, en xeral, o Estado non estiveran nos derradeiros postos de criminalidade na Europa. Ou como si o Estado español non tivese a porcentaxe de poboación presa máis alto da Europa en relación coa súa taxa de criminalidade.
Esta onda reaccionaria a prol dunha máis grave punición dos delictos e mesmo a prol da extensión da medida cautelar do cárcere preventivo (absolutamente excepcional nos réximes demoliberais) mesmo chegou a determinados colectivos autoconsiderados progresistas e mesmo feministas ou ecoloxistas: castración química para violadores, cárcere preventivo automático para calquera sospeitoso de delictos sexuais, prisión permanente revisábel para os que queimen o monte…
Non nos estamos a decatar que todas estas propostas punitivas da dereita extremista tentan encerrar á xente guindando despois a chave. Manda truco que haxa feministas, ecoloxistas e progresistas que sexan quén de llelas mercaren, como lle merca o PSOE o modelo territorial uninacional a esa mesma dereita.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



