Ribadeo, 13 de setembro de 2019. Nas últimas horas foi asinada na notaría a permuta do 21% da Torre dos Moreno, que era de propiedade municipal. O Concello recibirá un edificio rehabilitado na Praza de Abaixo, que se destinará a sede do xulgado de paz. A empresa Paisajes de Asturias dispón de 2 anos para entregalo, segundo deu a coñecer hoxe o alcalde, Fernando Suárez Barcia.
O rexedor dixo que “acabamos desde o Concello de Ribadeo de dar un paso definitivo na resolución final de poñerlle un sentido a todo este traballo de anos para resolver o problema da situación de perigosidade da Torre dos Moreno. Acabamos de facer na notaría os trámites de permuta de acordo coas instrucións que dimanan do acordo de finais do mandato anterior da xunta de goberno, na que se acordaba a permuta dos pequenos anaquiños de propiedade na Torre de maneira pro invidisa, que en total suman o 21,25%, para permutalo por un edificio rehabilitado na Praza de Abaixo con un valor, segundo os técnicos municipais, superior ao valor da parte da Torre dos Moreno que se permuta”.
Suárez Barcia explicou que “para levar adiante todo este proceso pedíronse á Xunta, aos seus departamentos, informes dado que o edificio da Torre dos Moreno é un BIC (Ben de Interese Cultural) e ao mesmo tempo a Xunta ten un dereito de retracto. Tanto Cultura como Facenda responderon que non vían ningún problema e que non querían exercitar o dereito de retracto”.
O alcalde ribadense considera que “avanzamos dunha maneira definitiva na situación da Torre dos Moreno, que era insostible tanto polo estado de conservación como polo perigo para terceiros por desprendementos de anacos de fachada, de cuberta, etc. E o Concello, ao ser parte minoritaria en toda esta propiedade, si se quixera facer cargo implicaría a adquisición do resto, da parte maioritaria, e despois a maiores da rehabilitación integral do edificio sen unha finalidade concreta”.
Fernando Suárez subliñou que “pola grande cantidade de recursos que isto esixiría viuse que era claramente imposible e, atendendo sempre ao consello e ao criterio dos técnicos na materia, buscamos esta solución”.
O rexedor manifestou que “agora a empresa Paisajes de Asturias, máis reforzada na súa porcentaxe de propiedade sobre a Torre dos Moreno, no compromiso da escritura de permuta ten dous anos para entregar o edificio rehabilitado, que tal e como temos dito entre outros servizos queremos destinalo a xulgado de paz, xa que a Xunta de Galicia so puxo problemas e non facilitou axudas para rehabilitar as actuais instalacións do xulgado de paz”.
Suárez Barcia engadiu: “e ademais agora no que ten ver coa empresa Paisajes de Asturias e a Torre dos Moreno en sí xa non ten escusa e ten a vía libre para a rehabilitación, mellora e conservación dese inmoble. E hai que dicir que o edificio, como é un BIC en sí mesmo, está suxeito ás obrigas que para este tipo de bens marcan outras leis como a de patrimonio de Galicia, relativo a visitas, horario de apertura ao público, etc, máis aló das actividades que lexitimamente como propietarios pretendan desenvolver aí. Agardando que nun futuro, o máis axiña posible, as xentes de Ribadeo poidamos ver un emblema, símbolo do patrimonio urbanístico ribadense, rehabilitado e con todo o esplendor que tivo hai agora un século”.
Asinada a permuta do 21% da Torre dos Moreno, que era de propiedade municipal. O Concello recibirá un edificio rehabilitado que se destinará a sede do xulgado de paz
-
Seguinte
Jorge díaz agradece os traballos de limpeza realizados pola Xunta no Camiño do Mar, di que chegan uns días antes da celebración da media maratón das Catedrais e lembra que todos os anos o Concello lle ten que enviar varios requirimentos á administración autonómica para que faga estas tarefas

























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



