Ribadeo, 13 de setembro de 2019. O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz Freije, agradece os traballos de limpeza realizados pola Xunta no Camiño do Mar estas últimas xornadas. O edil ribadense lembra que son competencia da administración autonómica e subliña que chegan uns días antes do seu paso por alí da Media Maratón das Catedrais, que se celebra mañá. Jorge Díaz asegura que todos os anos o Concello lle ten que enviar varios requirimentos á Xunta para que proceda a limpar esa senda.
O edil nacionalista declarou: “parécenos ben que, por fin, fagan a actuación da limpeza da senda da costa do Camiño Natural do Mar, tan marabilloso que temos aquí, por parte da Xunta, despois de requirirllo 3 ou 4 veces durante este ano”.
Díaz Freije lembrou que “este tipo de actuacións son competencia da Xunta de Galicia debido ao convenio que ten co Ministerio de Medio Ambiente. E é reiterada xa a nosa solicitude para que se manteña este camiño o máis decente posible durante todo ano, pero a nosa sorpresa é que na véspera da media maratón das Catedrais, pola que van pasar por alí 800 persoas, a día de hoxe están rematando os traballos. E non é só iso pois nós tivemos que ir coa nosa xente tamén para acabar de adecentalo”.
O concelleiro de Medio Ambiente insistiu en “agradecer que o fagan, que nos parece moi ben, pero esta é unha situación que se ven dando durante os últimos anos, desde logo desde que un son concelleiro sempre hai que andar requirindo este tipo de actuacións tres ou catro veces durante todo o ano para que isto se acabe facendo”.
E engadiu: “entón cando nos critican a nós por calquera situación que se dá que vexan que tamén eles teñen cousas que mellorar e que facer”.























Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



