Lugo, 27 de setembro.- O Salón de Actos da Deputación de Lugo acolleu esta mañá a presentación da 863 edición das San Lucas de Mondoñedo, que conta cunha achega de 20.000 euros da Área de Cultura, Patrimonio Histórico e Normalización Lingüística.
O presidente da Asociación As San Lucas, Miguel Souto, subliñou que As San Lucas seguen a manter o espíritu tradicional coa feira cabalar e mais o mercado de produtos de outono pero o programa compleméntase con actividades culturais, literarias e musicais.
A feira, que terá como pregoeiro ao dramaturgo e actor Manuel Lourenzo, comezará o 17 de outubro coa chegada das reses á cidade a través da Praza da Catedral, “un feito singular e único que cada ano concita a máis público e que supón tamén unha homenaxe aos gandeiros que están todo o ano coidándoas e facendo unha importante labor medioambiental”, segundo destacou Souto.
A gran novidade da programación será a celebración do Festival Intercéltico o día 19 de outubro, coas actuacións do grupo bretón Gwendal, do irlandés Lúnasa, do gaiteiro asturiano Bras Rodrigo e de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre.
“Queremos facer das San Lucas, de Mondoñedo e da provincia, unha feira máis europea, máis atlántica e máis internacional con este encontro de músicas e tradicións das nacións celtas”, apuntou Souto.
A Vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, remarcou que “é obriga das administracións colaborar con estas festas tradicionais que mostran a nosa esencia como pobo”.
No acto tamén participaron a deputada de Medio Rural,Mar e Mocidade, a mariñá Mónica Freire, a deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia. No Salón de Actos da Deputación tamén estiveron Eloi Cabanas e Esperanza González, voceiros de BNG e PsdeG no concello de Mondoñedo e mais o cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



