Viveiro, 1 de outubro, 2019. O 17 de outubro do pasado ano 2018, a empresa Alcoa anunciara aos cadros de persoal de A Coruña e Avilés así como publicamente, a intención de pechar as instalacións da empresa. Foron diversas as demandas dxs traballadorxs e os debates políticos arredor de como arbitrar unha saída que supoña o mantemento dos postos de traballo e da actividade industrial, ao considerar estratéxico o sector do aluminio. Unha preocupación e unha mobilización que se estendeu a Alcoa San Cibrao.
Finalmente, consumouse a compra por parte do Grupo Parter o pasado 21 de xullo, dando un respiro a nove longos meses de angustia e preocupación. Porén, cómpre recordar tamén que isto non significaba tampouco a reactivación inmediata da produción nestas fábricas e que continúa a inestabilidade do sistema enerxético. Polo tanto, estes factores fan que a preocupación continúe sobre estas fábricas, sobre San Cibrao e sobre outras industrias galegas altamente dependentes da enerxía.
Desde entón, téñense dado diferentes situacións que fan crecente a preocupación do BNG sobre a situación, máis concretamente a de San Cibrao. O pasado 21 de agosto o Comité de Empresa denunciaba, despois dunha reunión co novo presidente de Alcoa no Estado Español, que a empresa mantén a parada das 32 cubas até o 23 de setembro, cuestión preocupante e que recorda á situación previa de A Coruña e Avilés. Así mesmo, o Comité de Empresa facía públicas unha serie de esixencias á Xunta de Galiza o pasado 23 de agosto.
Para o BNG os indicios sinalados polo Comité e a incapacidade do Goberno do Estado en funcións para impulsar calquera mudanza no marco enerxético ou industrial deben ser motivos suficientes para que a Xunta de Galiza abandone tamén, a súa posición de deixadez e actúe máis alá das declaracións electoralistas que estamos acostumadas a escoitar de cotío.
Por todo isto, solicitamos ao Pleno da corporación municipal a adopción dos seguintes ACORDOS, co fin de demansar ao Goberno Estatal as seguintes medidas urxentes co fin de paliar a crise da industria electrointensiva galega:
1. Aprobación inmediata do estatuto de electrointensivas tendo en conta as achegas do sector galego, coa inclusión dun paquete de medidas compensatorias polos atrasos antes do final de 2019.
2. Planificación da substitución do sistema de poxa de interrumpibilidade por unha regulación estábel que permita prezos competitivos no sector con compromisos no mantemento do emprego.
3. Consideración, no futuro sistema enerxético, do papel de produtor de Galiza, que deberá ser beneficiada no prezo a través dunha tarifa eléctrica galega que compense polos custes ambientais e sociais de soportar a xeración.



















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



