Nota de Prensa
Pregunta se a Administración autonómica ten pensado intervir na propiedade do inmoble e cando para evitar o deterioro deste edificio indiano emblemático da Mariña Lucense
O PPDEG SOLICITA Á XUNTA MEDIDAS PARA EVITAR O DERRUBE DA TORRE DOS MORENOS EN RIBADEO
Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2010.- O PPdeG, a través da deputada Emma Álvarez Chao, ven de presentar no Parlamento de Galicia unha Proposición non de Lei na que insta á Xunta de Galicia a levar a cabo cantos trámites e medidas sexan necesarias para evitar que o edificio emblemático de Ribadeo, a Torre dos Morenos, se derrube quedando a Mariña Lucense se un dos seus edificios indiano máis relevantes. O Grupo Popular fai referencia na iniciativa ao estado actual de abandono do edificio e a posibilidade de que se desprendan cornisas, como xa ocorreu nalgún momento e se poden comprobar os cascotes caídos nos últimos anos na rede metálica instalada na fachada, desconchados nas paredes, herbas da balconadas, ferros carcomidos, etc.
A deputada popular súmase na iniciativa á preocupación dende moitos sectores da vila pola falta de atención deste edificio e así presentou unha batería de preguntas á Xunta de Galicia na que demanda información sobre se ten pensado intervir na propiedade deste inmoble, plans de tempos de esta suposta intervención e se ten pensado facer algún tipo de actuación sobre este edificio indiano para evitar o seu desplome. Emma Álvarez Chao sinala nas súas iniciativas o carácter privado-público do edificio, xa que a súa propiedade está nun 79% en mans privadas e nun 21% en mans do Concello de Ribadeo.
O PPdeG resalta que este é un dos edificios mais representativos de Ribadeo, e por extensión da Mariña lucense, de finais do século XX cando dous irmáns emigrantes en Cuba iniciaron a construción do mesmo, coñecido como a Torre dos Morenos por ser esta o elemento que máis destaca na súa construción. Destaca así mesmo o estilo ecléctico con ornamentacións que apuntan ao modernismo e a concepción, avanzada para a época, polo emprego dunha estrutura mixta de formigón e ferro e que alcanza un alto perfeccionismo en alicatados, solos de mármore, forxas de ferro e cristaleiras. Tamén destaca especialmente a torre cunha pequena cúpula sostida por catro cariátides e techume roxiza de cerámica vidrada.





















Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



