Estivo centrada na pneumática e foi impartida por Daniel Ruiz. Os 15 alumnos e alumnas asistentes durante oito horas abordaron cuestións coma compoñente pneumáticos, circuitos pneumáticos ou aplicacións pneumáticas. A vindeira cita será o 16 de novembro. Ese día o curso será sobre a diagnose con osciloscopio. As 15 prazas ofertadas xa están cubertas. Álvaro Doural anunciou que a principios do vindeiro ano 2020 volverá a propoñerse esta temática. Este é o cuatro ano no que Apaga organiza estas fins de semana tecnolóxicas en Ribadeo.





















Xunto aos asistentes estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, que lles agradeceron que escolleran a vila ribadense para a celebración deste encontro.
Á tarde foi a sesión regato nas Escolas vellas de Cervo da man de Caxoto coa colaboración de Tarabela Creativa e Airiños do Xunco. Pola noite foi a quenda da sesión Río para público adulto no local Social da asociación de veciños do Burgo de Trasbar da man de Dani Blanco.
Félix Jorquera entrevistou ao alcalde, Fran Cajoto; ao concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Coordinación de Axenda 2030, Carlos García; os presidentes do CB Celtas de Foz e do CD Foz, Carmen Alonso e Asier Burundarena; e á dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo un balance do verán, que está a piques de rematar, e que foi moi positivo para Foz, segundo subliñaron os participantes, analizou os proxectos para os vindeiros meses e pulsou o deporte local.
Convida a retomar unha vida activa tras o verán facilitando a inscrición con matrícula gratuíta e, para os máis indecisos unha proba de 3 días gratis para coñecer o centro deportivo e os seus servizos.



