Viveiro, 31 de outubro de 2019. O domingo 3 de novembro terá lugar unha nova manifestación para pedir un mellor prezo na enerxía para a fábrica de Alcoa en San Cibrao; dende o concello quérese realizar un chamamento público para animar a todos os veciños de Viveiro e da comarca da Mariña a sumarse a esta manifestación coa pretensión de garantir a continuidade de Alcoa e o seu futuro na comarca, como eixe esencial do tecido económico da zona.
O problema de Alcoa desgrazadamente non é unha novidade, xa levamos moitos anos con esa preocupación, e o concello de Viveiro xa participou, hai tempo, en manifestacións e concentracións amosando o seu apoio aos traballadores e á permanencia da fábrica.
O Goberno Central deu pasos importantes neste último ano e medio; a aprobación de 25 millóns de euros para Alcoa San Cibrao en compensión polo CO2 non soluciona o problema, pero é unha bomba de osíxeno ante esta situación. Sabemos que a solución é un estatuto electrointensivo e este goberno xa fixo o borrador, que non puido ser aprobado por atoparse en funcións, e a aprobación definitiva non depende só deles, senón tamén da Comisión Europea.
O Concello de Viveiro sempre mostrou o seu total apoio aos traballadores de Alcoa, conscientes do impacto social e económico desta empresa na comarca e convencidos da necesidade da implicación de todas as administracións; sempre estivemos á súa disposición para realizar todas e cantas xestións estiveran ao noso alcance para garantir os postos de traballo e, nesta liña, consideramos que o vindeiro domingo todos e todas debemos saír a rúa para defender o futuro de Alcoa. Agardamos que a resposta sexa masiva e que a Praza Maior de Viveiro sirva de exemplo do sentir popular, que preocupa e afecta a todos.
Aprovéitase a ocasión para lembrar que a manifestación referida afectará ao tráfico rodado, que sufrirá cortes de tráfico durante o seu percorrido. A manifestación partirá ás 12:00 do Casino en dirección á Porta de Carlos V, seguindo pola Travesía da Mariña ata a Praza de Lugo, para vir pola rúa Pastor Díaz ata a Praza Maior.
A alcaldesa
María Loureiro García


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



