Lugo, 6 de novembro, 2019. O Grupo Provincial do Partido Popular, que dirixe Elena Candia, insta ao presidente da Deputación a facer cumprir o convenio asinado en 2018 co Concello de Xove para o arranxo de estradas. O acordo incluía o acondicionamento das LU-Ps 2601 (de Xove a Portiño de Morás) e 2604 (de Xove a Valcarría), pero, na actualidade, o organismo lugués aínda non fixo nada ao respecto do seu cumprimento e, todo elo, a sabendas de que o remate dos traballos, segundo se especifica no documento, está fixado para finais deste ano.
O vicevoceiro, Javier Casteiñeira, supervisou o estado destes viais, a petición do rexedor local, co fin de que dende o Grupo Provincial se solicite ao dirixente socialista o inicio inmediato das obras, pois na 2604 incluso os veciños, en sinal de protesta, colocaron uns eucaliptos nas fochancas existentes.
“Cremos que o presidente e responsable de Vías e Obras ten que exercer a súa responsabilidade. E isto pasa por facer cumprir o que se asina. Está a piques de rematar o ano e nada sabemos que pensa facer con este convenio e, moito nos tememos, que non vai facer nada. Queda algo máis dun mes para que expire o prazo do mesmo. É matematicamente imposible que as obras se fagan en tempo e forma cando aínda non foron iniciadas”, denuncia.
“Discriminación por cores políticas”
Javier Castiñeira, asegura, ademais, que o presidente “discrimina aos veciños da Mariña por cores políticas”. Un exemplo claro é a estrada que vai de Xove a Viveiro (LU-Pn2607) e na que o treito deste último concello está en perfectas condicións, pero o que pertence ao primeiro municipio presenta claras deficiencias e un deterioro notable.
“A Deputación é a casa dos Concellos. Iso é o que nos venden pero a realidade é que só lle dan cariño a quen lles interesa, tal e como puidemos tamén comprobar nesta estrada”. Por este motivo, dende o Grupo do PP piden a Tomé “que deixe de lado os intereses partidistas e faga cumprir os acordos e lles dea a todos os veciños as mesmas oportunidades, xa que, do contrario, o que está facendo é crear cidadáns de primeira e de segudo, como pasa con Xove”, afirma.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



