Ferrol, 13 de novembro de 2019. O vindeiro venres 15 de novembro un grupo de 20 alumnos da facultade de Humanidades de Ferrol, que actualmente cursan os seus estudos nos graos de Información e Documentación, Humanidades e Máster en Arquivos e Bibliotecas, no campus de Esteiro, visitará o arquivo diocesano e a biblioteca do Real Seminario de Mondoñedo, así como o recentemente inaugurado Museo dá Imprenta, que xestiona o concello de Mondoñedo.
A visita está organizada conxuntamente polos responsables dos arquivos diocesanos, Félix Villares (Mondoñedo) e Carlos Alonso (Ferrol), e a profesora responsable da UDC, Rocío Ameneiros, quen acompañará aos alumnos durante a xornada.
Ademais, segundo confirmaron responsables do concello de Mondoñedo, a visita ao Museo dá Imprenta estará guiada polo impresor Fernando López González, herdeiro de Sucesores de Mancebo.
Lembrámosvos que a diocese asinou recentemente un convenio coa UDC para que os alumnos do grao en Información e Documentación (antes Biblioteconomía e Documentación) poidan realizar as súas prácticas no arquivo administrativo-xestión diocesano e na hemeroteca ‘Estudos Mindonienses’, cuxos fondos se conservan no edificio da Domus Ecclesiae de Ferrol. A alumna Saray Díaz Canosa, estudante de 4º curso do grao, está a realizar desde o pasado mes de outubro as súas prácticas curriculares na institución”.




















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



