Lugo, 26 de novembro, 2019. O deputado provincial, José Pardo Lombao, criticou a “ineptitude negociadora” do Partido Socialista para garantir o mantemento da PAC no perído 2020-204. Fíxoo no marco da moción presentada polo Grupo do PSOE, para reclamar as axudas agroambientais, do clima e a agricultura ecolóxica ás explotacións gandeiras, engadindo que “quen prexudicou ao campo foi o Partido Socialista coas negociacións en Europa, sobre todo, da PAC”.
O popular fixo esta afirmación cuestionando que os socialistas se dirixan á Xunta de Galicia, cando entre esta e a UE existe a administración do Estado, que é quen se encarga de negociar estes fondos, mentres que a autonómica só os xestiona e os reparte.
“Os que están creando alarma son vostedes. Non nos din se imos estar sen PAC tres ou catro anos. Isto é o que nos preocupa e preocupa aos campo de Galicia e que derivará na España vacía. O Goberno é o que ten a obriga de negociar a PAC. Veñen a vendernos unha moción para ver se cola e desviar a ineptitude do Goberno Central á hora de negociar ou aportar os fondos, co fin de que os cidadáns pensen que a culpa é da Xunta de Galicia”, concluíu.
O deputado lamentou que, logo de escoitar ao PSOE, non se esclarecese se se vai interromper a PAC dende 2020 a 2024. Pola contra, o Goberno galego prorrogará todas axudas medioambientais e está moi por diante doutras Comunidades na execución do Plan de Desenvolvemento Rural (PDR). Pardo Lombao explicou que Galicia ten executado o 45% destas axudas, mentras Andalucía, por exemplo, que ten moitas semellanzas coa comunidade galega, tan só o 25%. O Executivo de Feijóo, remarcou, “executará os 700 millóns incluídos no PDR”.
Por este motivo, e tendo en conta que as achegas da Xunta de Galicia están garantidas, os populares votaron en contra. E é que incluso a deputada do Bloque Nacionalista Galego recoñeceu na súa intervención que os datos da moción do PSOE “están obsoletos”.











A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



