Foz, 9 de xaneiro de 2020. Os dous alumnos do IES de Foz que fixeron prácticas na cociña dun hotel de 5 estrelas de Turquía, cunha beca Erasmus+, elaboraron hoxe, xoves, un menú degustación con gastronomía dese país no seu centro educativo focense. Son Andrés Ramos e David Delgado, alumnos do Ciclo Medio de Cociña que desde setembro a decembro de 2019 fixeron prácticas na cociña do hotel de 5 estrelas Side Orange Palace, en Antalya, unha rexión moi turística que recibe numerosos visitantes alemáns e rusos. Esta mobilidade estivo enmarcada dentro da modalidade Erasmus Pro do programa KA102 FAE, concedido ao IES de Foz en xuño do ano pasado. As bolsas Erasmus Pro, para alumnos de FP, son de longa duración, máis de 90 días, e están subvencionadas.
Durante os primeiros días en Turquía os dous alumnos estiveron acompañados pola coordinadora Erasmus do IES de Foz, a profesora Leticia Maseda, quen, dentro dunha Bolsa Erasmus de acompañamento, axudou aos alumnos a instalarse no país en colaboración co centro turco de hostalaría Sule Muzaffer Buyuk Mesleki ve Teknik Anadolu Lisesi, de Manavgat, socio Erasmus do IES de Foz, que titorizou aos alumnos en Turquía o resto da estancia.
O menú degustación que David Delgado e Andrés Ramos elaboraron hoxe no IES de Foz estivo composto por estas preparacións: cigkofte (albóndega vexetal con pasta de cous cous), esme (salsa de iogur), dolma (pemento recheo de arroz con especiais), ekmek (pan de iogur), kebab de espadas (carne con especias) e sopa tarhana (sopa de cebola, pasta de tomate, lentella vermella e menta).





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



