Ribadeo, 9 de xaneiro de 2020. O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz Freije, insiste en que haberá recollida de lixo todos os días de luns a domingo, agás os festivos, en Ribadeo. O resto dos días o servizo funcionará con normalidade, e se no calendario coinciden dous festivos seguidos, unha desas xornadas haberá recollida e a outra non. O edil reitera que como Sogama pecha a súa planta os festivos, é por ese motivo polo que Ribadeo decidiu non recoller o lixo eses días e tamén para poder conciliar os horarios e as libranzas do persoal deste departamento. Deste xeito responde ás críticas realizadas nas últimas horas desde o PP.
Jorge Díaz Freije asegurou que “non vai haber ningún tipo de problema, simplemente ata o de agora estábamos recollendo todos os días do ano exceptuando Nadal e Aninovo. E agora vaise recoller, igual que se viña facendo, exceptuando os festivos. Os que son individuais non haberá recollida, pero se veñen dous festivos seguidos un deles abrirá a planta e entón recollerase o lixo en Ribadeo”.
O concelleiro ribadense subliñou que “digo festivos e non domingos porque os domingos si vai seguir habendo recollida. De todos modos volvo aclarar que a recollida vai ser de luns a domingo como estaba sendo na vila, exceptuando que o domingo sexa festivo, entón recolleríase o luns”.
O edil de Medio Ambiente reiterou que “si hai dous festivos seguidos vaise recoller un deles porque a planta nunca está dous días pechada. Dependemos de Sogama, ou sexa que dependemos do que faga a Xunta nese senso. Se nalgún momento a Xunta abre os festivos nosoutros recolleremos os festivos, pero como non abre os festivos Sogama nosoutros non imos abrir porque entón colápsanos a recollida diaria normal”.
Para Díaz Freije: “a xente tamén temos que colaborar. Os festivos aínda que teñamos unha bolsa de lixo na casa e a saquemos ao día seguinte tampouco nos pasa nada. Creo que hai que empezar un pouquiño a colaborar todos e a tirar do mesmo carro”.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



