Burela, 9 de xaneiro, 2020. A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo presentou este xoves 9 de xaneiro no Salón de Actos de ABSA (Burela, Lugo) o seu novo calendario 2020, no que se promociona o consumo de peixe como unha das principais bases dun estilo de vida saudable.
O calendario conta coa colaboración de Armadores de Burela e especialmente do doutor Guillermo Aldama López, da Unidade de Cardioloxía do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC) e membro da Sociedade Española de Cardioloxía e da Fundación Española do Corazón.
O doutor Aldama defende o consumo de peixe como base da dieta mediterránea e sobre todo na súa variedade da dieta atlántica, un alimento, ademais de saboroso, moi rico en graxas “premium” Omega-3 que axudan ao noso organismo e son unha das razóns polas que España sexa un dos países con maior esperanza de vida do mundo.
No anuario preséntanse 12 mensaxes firmadas polo cardiólogo acompañadas por outras tantas imaxes dalgunhas das principais especies da lonxa de Burela, indicando tamén as temporadas de pesca ou consumo preferente de cada unha delas. Por exemplo, ábrese o mes de xaneiro cunha frase motivadora: «consumir peixe alo menos 2 veces por semana axuda ao noso cerebro, mellorando a nosa memoria, disminuíndo o risco de depresión e aumentando o cociente intelectual nos nenos»; e péchase cunha clara recomendación: «se queres un corpo “premium” cun funcionamiento “premium” deberías nutrilo con materiais “premium”… e o peixe é a túa mellor opción».
Sergio López, xerente da OPP Lugo, valora especialmente que neste novo calendario se vexan reflexadas as diferentes pesquerías que forman parte das súas flotas, como o palangre de fondo en augas europeas, que pesca con anzol unha a unha a pescada do pincho, a bertorella ou brótola de roca e a cabra de altura; o palangre de superficie no Atlántico, que pesca tamén individualmente o peixe espada e a tintorera ou caella; a flota bonitera do Cantábrico, que pesca os bonitos do norte ao Curricán, un a un con anzol; ou as flotas de cerco ou arrastre de litoral do Cantábrico, que traen á lonxa de ABSA especies como a cabala, o xurel ou chicharro, o bocarte, a sardiña, o gallo ou o peixe sapo.
O almanaque terá unha tirada de 3000 exemplares e empezarase a distribuir a próxima semana entre os socios de OPP Lugo e ABSA, a través da Asociación de Exportadores Maioristas de Peixe da Mariña (ADEXMAR) e da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo. En Madrid tamén se distribuirán 1000 exemplares entre os socios de FEDEPESCA (Federación Nacional de Asociacións Provinciais de Empresarios Detallistas de Peixes e Produtos Conxelados).
Esta acción enmárcase dentro das accións de promoción da OPP Lugo incluídas no seu plan de produción e comercialización anual e contan coa cofinanciación da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo e Marítimo da Pesca.
ANEXO: RESUMO DAS FRASES CALENDARIO 2020
«Consumir peixe alo menos 2 veces por semana axuda ao noso cerebro, mellorando a nosa memoria, disminuíndo o risco de depresión e aumentando o cociente intelectual nos nenos».
«España é un dos países con maior esperanza de vida do mundo e parte do segredo desa lonxevidade é o alto contido en peixe que posúe a dieta mediterránea.»
«A graxa do peixe é “premium” debido á súa altísima calidade (axuda a reparar as células e que funcionen á perfección) e porque non a fabrica o noso corpo: se non a inxerimos, non disporemos dela.»
«As graxas “premium” do peixe melloran a agudeza visual e diminúen o risco de pérdida de visión.»
«As graxas que posúe o peixe melloran a elasticidade da nosa piel e as nosas articulacións.»
«A inxesta de peixe mellora o noso sistema inmunitario axudándonos na prevención de infeccións e evitando a aparición de cáncer.»
«O consumo de peixe contribúe a regular os nosos niveis de colesterol, axudando a subir o colesterol bo e baixar o colesterol malo.»
«As persoas que consumen altas cantidades de peixe reducen un 45% o risco de sufrir trombosis cerebral, que é a principal causa de morte nas mulleres españolas.»
«O alto consumo de peixe optimiza o noso corazón axudando as súas células a que se sincronicen e se contraigan de forma máis eficiente.»
«O risco de sufrir arritmias mortais descende ata un 70% nas persoas que consumen peixe alo menos 2 veces por semana.»
«As persoas que toman peixe habitualmente presentan un 30% menos de probabilidades de sufrir un infarto agudo de miocardio.»
«Se queres un corpo “premium” cun funcionamiento “premium” deberías nutrilo con materiais “premium”… e o peixe é a túa mellor opción.»























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



