Burela, 9 de xaneiro de 2020. O Servizo Público de Emprego Estatal concedeulle a Academia A Mariña unha subvención para impartir cursos a traballadores, totalmente gratuítos.
Segundo explica a directora do centro, Becky Hermida, “pensando en vosotros, los autónomos, y en los trabajadores en general, Academia A Mariña va a impartir varios cursos destinados a sectores como el comercio y la hostelería”.
Hermida conta que “para el comercio ofreceremos cursos como decoración en tiendas y escaparates, habilidades de comunicación con el cliente para vendedores y psicología aplicada a las ventas. Y para hostelería vamos a impartir cursos que son exigidos por Sanidad como APPCC o gestión de alérgenos en el sector de la restauración”.
A directora de Academia A Mariña subliña que “la formación es siempre muy importante para avanzar y mejorar profesionalmente. Y si podemos acceder a ella de una forma totalmente gratuita, mejor que mejor”.
As prazas que se ofertarán por curso serán 15. A modalidade será presencial. Os primeiros darán comezo a finais do presente mes de xaneiro. As persoas interesadas en anotarse ou en obter máis información poden chamar ao seguinte número de teléfono: 982 58 50 98.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



