Burela, 16 de xaneiro, 2020. Durante a mañá deste xoves a frota asociada á Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo (OPP Lugo) e Armadores de Burela (ABSA) recibiu a visita dunha delegación de alumnos e profesores da Universidade Laboral da Coruña (IES Culleredo), froito do convenio formalizado para a formación dual de próximos titulados en ponte e máquinas.
O pasado mes de xuño 24 empresas formalizaron ditos convenios para a formación de 12 alumnos en cada módulo de “Grao Medio de Navegación e Pesca de Litoral” (ponte) e “Grao Medio en Mantemento e Control de Maquinaria” (máquinas), mediante o cal os alumnos poderán compatibilizar a súa formación teórica coas horas prácticas e conseguir a súa habilitación profesional máis rápido que na formación normal.
A visita consistiu nunha reunión entre as empresas armadoras firmantes dos convenios e os alumnos. Os estudantes tamén visitaron un barco de palangre de superficie (espadeiro) que realiza a súa actividade por augas do Atlántico Norte e un barco de palangre de fondo ou pincho, que captura pescada en augas europeas. E finalmente coñeceron por dentro o Barco Museo “Reina del Carmen”, antigo boniteiro e exemplo da frota de madeira dos anos 60.
O director do centro, Miguel Pena, explicou que “as clases teóricas finalizan en febreiro e os embarques están previstos entre mediados de marzo e finais de agosto. O que se pretende é conseguir o maior número de horas embarcados para que poidan exercer como oficiais o antes posible”.
A través deste convenio espérase conseguir un alto nivel de inserción dos alumnos no sector pesqueiro, para o que se pide colaboración aos armadores para facilitar a vida a bordo e a formación que teñen que recibir os alumnos durante o período de embarque.
Pola súa parte, os armadores presentes animaron aos xoves a se incorporaren ao sector, esperando que este período de navegación lles sirva para adaptarse e pasar a formar parte da frota. Como antigos alumnos de ponte ou máquinas, os armadores ven na formación dual unha forma de conseguir relevar as tripulacións e mellorar a continuidade na actividade pesqueira. Estas accións de formación inclúense dentro do plan da OPP Lugo para poñer en valor os oficios náutico-pesqueiros.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



