Viveiro, 27 de xaneiro de 2020. O Concello de Viveiro acolle este xoves a presentación de ‘Referentes Galegas’, unha iniciativa da Asociación de Executivas de Galicia para darlle visibilidade ao traballo das mulleres que son referentes no seu ámbito profesional.
O acto será na sala multiusos do Concello de Viveiro ás 18:00 horas e reunirá a diferentes autoridades e público xeral, que poderán escoitar a experiencia de mulleres referentes de distintos sectores.
Actualmente, son xa máis de 250 mulleres as que forman parte desta gran base de datos. “Unha iniciativa moi necesaria para dar novos pasos cara unha igualdade real na nosa sociedade”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
A alcaldesa abrirá o acto, dando paso á intervención da subdelegada do Goberno en Lugo, María Isabel Rodríguez López. A continuación iniciarase a mesa de presentación de Executivas coa participación de Carla Reyes Uschinsky, presidenta de Executivas de Galicia, e Verónica Teijeiro, consultora financeira e socia de Executivas.
A continuación, presentarase a mesa Referentes Galegas na que participarán Lida Enrich, coordinadora do proxecto Referentes Galegas; Ángeles Romero Rodríguez, catedrática da USC da área de Tecnoloxía dos Alimentos; Patricia Argerey Vilar, directora da Axencia Galega de Innovación, e Raquel Atadell, directora da sucursal Caixabank de Viveiro.
Parte final do acto intervirá a secretaria xeral de Igualdade da Xunta, Susana López Abella, antes de dar paso ao peche por parte da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



