Burela, a 8 de febreiro de 2020.- A “queima das naves” por parte do BNG xa non ten marcha atrás. Así o sinalan os populares de Burela tras favorecer os nacionalistas a entrada en vigor do contrato de recollida do lixo -o máis caro de toda a historia de Burela que supón un incremento de preto de 175.000 euros ao ano máis que sairán dos petos de tódolos veciños e veciñas de Burela-; despois de teren votado en contra dos pregos de contratación. Segundo lembran os concelleiros do PP, “o BNG defendía a municipalización da recollida do lixo a capa e espada, todo un xiro de 180 graos”, manifestan.
E todo, “despois de ter tamén favorecido a investidura do señor Llano como alcalde, logo de tanta crítica preelectoral, sabedores de que poderían ter ostentado a alcaldía de Burela se quixeran, e despois de terlle garantido a mesma asignación ao señor Llano por prometer os mesmos proxectos que hai catro anos”.
Así o critican os populares de Burela que sinalan que “isto recórdanos un pouco á famosa comedia dos irmáns Marx na que Groucho di: estes son os meus principios, pero se non lle gustan… teño outros”.
Orzamento para outros investimentos no municipio
O Grupo Municipal Popular burelés opúxose ao mesmo “non só polo encarecemento deste servizo que lle vai supor un gasto aos veciños e veciñas da nosa vila; senón tamén porque esta dotación orzamentaria ben podería servir para blindar outro tipo de partidas sociais, de mantemento de instalacións municipais ou de fomento do comercio, entre outras realmente necesarias”.
Llano cae nas súas propias mentiras
Os populares aseguran, por outra banda, que “o señor Llano quedou unha vez máis retratado caendo nas súas propias mentiras. En declaracións feitas o 3 de xaneiro ante os medios de comunicación manifestou que as contas do 2018 estaban aprobadas definitivamente e incluso aseguraba que a documentación foi enviada ao Consello de Contas sen que o executivo municipal recibise notificación de erros tralo envío. A iso engadía que puidera ser que non lles chegase aínda, pero sería estraño”.
Nese sentido, “foi no propio pleno ordinario do mes de febreiro cando se aprobaron definitivamente as contas e, nese momento, o propio rexedor socialista recoñeceu ante todo o mundo presente que non foran enviadas ao Consello de Contas. Todo isto tal e como sempre sostivemos dende o Grupo Municipal do PP”.
Seguridade das instalacións deportivas
Dende o Grupo Municipal Popular solicitaban no pleno o arranxo inmediato do deteriorado valado de peche que está no campo de herba artificial das instalacións deportivas da Marosa. A este respecto, “o alcalde manifestou que costaba cartiños e que estaban a ver se conseguían algunha axuda da Deputación por medio do Plan Único. O que non entendemos, entón, é para que estará a gardar o remanente que tanto comenta ante os medios e que ascendería a uns 3 millóns de euros nas arcas municipais”.
Aseguran que “nos quedamos tamén coa dúbida de saber cal é o prezo que lle pon o señor Llano á seguridade dos nenos e nenas que van adestrar ás instalacións deportivas da Marosa”.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



