Viveiro, 13 de febreiro de 2020. O Concello de Viveiro publicou no BOP un anuncio coas bases específicas para a selección dun técnico informático, un oficial electricista e un oficial pintor. O prazo para presentar as solicitudes remata o mércores 19 de febreiro.
En concreto, por parte do Concello de Viveiro vaise proceder á contratación de tres dos seis traballadores incluídos no programa ‘Fomento do Emprego 2019’, financiado pola Deputación de Lugo segundo as bases reguladoras do plan único de cooperación cos concellos 2019 para a realización de obras e a prestación de servizos de competencia municipal.
Este plan creouse para a realización de programas de dinamización económica e para medidas de fomento de emprego, mediante a contratación de traballadores en situación de desemprego.
“Aínda que non temos as competencias en materia de emprego, desde os concellos debemos impulsar iniciativas para xerar postos de traballo e formar aos desempregados”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
As bases completas están no BOP de onte, martes 12 de febreiro:
http://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/Documentos/bop_35_12022020.pdf























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



