Lugo, 5 de marzo de 2020. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, xunto coa Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, mantivo este xoves na Sala de Xuntas un encontro coas traballadoras e traballadores do servizo de limpeza das dependencias provinciais para informarlles de que a Xunta de Goberno aprobará mañá venres a resolución do contrato coa empresa adxudicataria do servizo, Tempo Facility Services SL, debido ao incumprimento de obrigas esenciais como o abono de salarios, así como o encargo do mesmo con carácter provisional á empresa pública Tragsa garantindo a continuidade dos 32 postos de traballo.
Estas decisións aseguran a prestación do servizo e a estabilidade e os dereitos salariais e laborais da plantilla. A resolución do contrato terá efectos dende o 11 de marzo e o encargo a Tragsa terá vigor dende o día 12.
José Tomé explicoulles ás empregadas e empregados que o encargo a Tragsa leva consigo a súa subrogación á empresa pública, co cal se garanten a totalidade dos 32 empregos e mantéñense tamén as súas condicións salariais e laborais, tal e como se comprometera o propio Presidente coas traballadoras.
Tragsa, medio propio da Deputación dende que entrou o pasado decembro no seu accionariado, farase cargo da limpeza de dependencias provinciais de maneira provisional, mentres a institución desenvolve a tramitación dun novo concurso para adxudicar outra vez o contrato. A duración prevista da encomenda é, deste xeito, de 6 meses, por un importe económico de 404.336,14€.
A Xunta de Goberno acordou o día 31 de xaneiro iniciar o procedemento de resolución do contrato, un proceso que concluirá mañá co acordo do Executivo de extinguir a relación contractual con esta firma, que leva consigo a incautación da garantía, de 98.894,97€.
Este novo paso dado pola institución provincial para garantir a prestación do servizo de limpeza e a estabilidade e os dereitos salariais e laborais da plantilla prodúcese despois de que o Goberno actuase con rapidez e rigor a finais do pasado ano para que as traballadoras puidesen cobrar os soldos que lles adebedaba a empresa –dous meses do 2019 e a paga extra de decembro-. Para iso, mediou coa adxudicataria para acordar unha cesión de crédito ás traballadoras, de xeito que o importe das facturas abonadas pola Deputación polo servizo van directamente para as empregadas, na cantidade correspondente aos seus salarios. Con este mecanismo, non só cobraron as dúas nóminas e a paga extra de decembro, senón que hoxe mesmo lles foi ingresado o importe do soldo de xaneiro e a Deputación está a facer a tramitación para que perciban o de febreiro.








Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



