11.00h Apertura da feira. 11.15h Pasarruas Charanga Manca na Cheda. 11.30h Obradoiro Alfarería: Os de Laura -Buño, Obradoiro Cestería: Idoia Cuesta, Demostración de ferrado de cabalos: Ferrador: Noel Corton. 12.00h Acto de inauguracion oficial polas autoridades, actuación dos Gaiteiros de Riotorto e o Coro Parroquial. 12.30h Demostración ao vivo dos Ferreiros de Riotorto, animación de rúa: Rodesindo da Barrosa “O afiador”. 13.00h animacion de rua: Roi Malabar “Voando fouciños de Riotorto”, demostracion dos Ferreiros de A Fonsagrada. 13.30h Obradoiro infantil do ferro, Ferreiro: Friedrich Brasmsteidl. 17.00h obradoiro de Alfarería e Cestería, obradoiro de Ferro Infantil, actuación da charanga Manca na Cheda. 16.45h animacion de rúa: Rodesindo da Barrosa. 17.00h demostración o vivo dos Ferreiros de Riotorto. 18.000h animación de rua: Roi Malabar “Voando fouciños de Riotorto”. 19.30h pecha da feira. 20.00h actuación musical do grupo Folk Leña Verde. No recinto da feira poderase degustar polbo e comida a cargo da pilpería Mario de Viveiro





















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



