Lugo, 28 de marzo de 2020. O PP de Meira expresa a súa satisfacción porque o goberno local decida aplicar algunhas das medidas que propuxo, mediante escrito presentado no Concello, para axudar a paliar no municipio as consecuencias da crise sanitaria polo coronavirus. O portavoz popular, Carlos Veiga Pérez, sinala que as medidas adoptadas polo Concello están ben, pero son escasas.
Os populares de Meira destacan que nesta crise os máis vulnerables son as persoas máis maiores. O confinamento agrava un problema que moitos sofren a diario na Galicia rural: a soidade. Cremos necesario que Concello habilite números telefónicos de contacto con “persoal cualificado” que poida atender a este sector da poboación en tanto que dure a situación de confinamento.
Por outra parte, como consecuencia da crise sanitaria, os titulares de negocios e autónomos vense obrigados a pechar ou a cesar temporalmente na súa actividade, mentres teñen que facer fronte ao pago das cotas da Seguridade Social, impostos, alugueres, préstamos, recibos, e outros gastos. Por este motivo, o PP propón ao Concello medidas orientadas a reducir o impacto desta crise na economía local. Veiga sinala: “O goberno local confirma a adopción dalgunhas das medidas que propuxemos, pero son escasas. É preciso rebaixar o Imposto de Bens Inmobles (IBI), unha baixada xa prometida polo alcalde en campaña electoral, pero que agora se fai necesaria para axudar a autónomos, desempregados, e empresas”. En opinión dos populares tamén se necesita que o Concello non cobre o aluguer dos locais da súa propiedade mentres dure o estado de alarma.
O portavoz do PP de Meira, Carlos Veiga, recorda que o seu grupo considera conveniente que nos próximos seis meses se suprima o cobro por parte dos munícipes por asistencias a plenos, xuntas de goberno, así como produtividades. Propón igualmente unha redución do soldo do alcalde e máis alcalde accidental para liberar recursos económicos para aplicalos ás medidas reseñadas para axudar aos veciños.
Material para protección fronte ao coronavirus
O portavoz popular en Meira destacou, por outro lado, que a Xunta fixo un primeiro envío de material de protección individual ao Concello, que se completará con outra entrega. Este primeiro incluíu 26 traxes de protección. Carlos Veiga destacou que a Xunta foi a única Administración que aportou material, iniciativa especialmente importante dado que o Goberno central fracasou no cumprimento do seu compromiso, autoasumido, de centralizar a compra e distribución de material de protección individual fronte ao coronavirus.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



