Lugo, 22 de abril de 2020. “O goberno provincial crea, intencionada e interesadamente, confusión nas empresas sobre os usos aos que se poden dedicar os cartos do Plan Único”, di o portavoz do grupo do Partido Popular na Deputación, Javier Castiñeira, á vista das numerosas consultas que ao respecto reciben os deputados provinciais populares. Castiñeira aclara: “Os concellos non poden usar o Plan Único para conceder axudas directas ás empresas, isto é algo que teñen que ter claro tanto os responsables municipais como os empresarios e autónomos da provincia”. Dada esta situación, o PP insiste en reclamar do goberno provincial, e sinaladamente do seu presidente, José Tomé (PSOE), o deseño e aplicación de medidas para a reactivación económica da provincia consistentes en apoio directo pola Deputación ás empresas, aos autónomos, ao comercio, etcétera, e propón que se nutra de parte dos 60 millóns en remanentes que ten a Deputación.
“O presidente da Deputación está empeñado en confundir aos lucenses, e sinaladamente ás empresas e autónomos, coa súa propaganda do Plan Único”, di Javier Castiñeira. O portavoz popular aclara: “Entre os fines aos que os concellos poden dedicar os carto que reciban pola vía do Plan Único non figura o apoio as empresas, iso ten que quedar claro porque do contrario xéranse falsas e perigosas expectativas, que está abonando o PSOE con interese claramente partidista”.
O Plan Único, como lembra Castiñeira, deste ano é practicamente o mesmo que o que deseñou o anterior presidente da Deputación, Darío Campos. Incluso no orzamento. “No PP -di Castiñeira- intentamos que o goberno provincial incrementara en 700.000 euros o presuposto total do Plan, pero o PSOE e o BNG impedírono, usando desculpas de mal pagador”. Este plan, polo tanto, é case igual que “o que se aprobou con Darío Campos antes da crise sanitaria e das súas consecuencias económicas; está claro que as circunstancias non son as mesmas e que o plan é claramente insuficiente”.
O PP reclama a José Tomé, unha vez máis, que deseñe medidas de aplicación directa pola Deputación para a reactivación da economía na provincia, en canto finalice o confinamento, porque serán imprescindibles para a supervivencia de moitos negocios, que xeran emprego e moven a economía. Castiñeira explica: “Ese plan, necesariamente, ten que botar man do remanente da Deputación, que importa ao redor de 60 millóns”. O portavoz municipal engadiu: “O goberno provincial terá o apoio do PP para dedicar parte do remanente a apoiar ás empresas de Lugo; é inaudito que, nunha situación como a que vivimos, a Deputación no use eses cartos, que totalizan máis da metade do presuposto provincial”. Tamén dixo: “O goberno provincial contará co noso apoio para facer a correspondente modificación do presuposto para usar eses remanentes para apoiar as empresas; apoiaremos unha medida así como no seu día apoiamos o uso do remanente para o plan de estradas, que pactaron o señor Campos e a señora Candia, por importe de cinco millóns”.


















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



