Galiza, 22 de abril de 2020. “Cando remate a crise xerada polo coronavirus, que sen dúbida é unha prioridade nestes intres, a emerxencia climática seguirá aí”, afirman dende o ecoloxismo galego. Para o Movemento Galego polo Clima (MGPC) a actual situación de urxencia xerada pola pandemia non nos debe facer esquecer que a mudanza climática e a perda de biodiversidade seguen a ser as principais ameazas para o planeta e a humanidade, e que os gobernos non están a facer dabondo para evitalas.
Baixo esta premisa, as ducias de organizacións ecosociais que forman o MGPC volverán un venres máis ás rúas para esixir mudanzas radicais nos nosos xeitos de producir e consumir e enfrontar así a emerxencia climática. Porén, desta vez farano dun xeito especial debido á situación de confinamento da poboación. Deste xeito, fan un chamamento á cidadanía galega para participar este 24 de abril ás 22:00 horas nun novo Día de Acción Global polo Clima dende fiestras e balcóns, proxectando nas xanelas e fachadas sombras chinesas e mensaxes e compartindo as imaxes nas redes sociais co hastag #AcciónGlobalPoloClima.
O movemento, xurdido en setembro de 2019 ao abeiro da convocatoria de mobilización mundial feita polo movemento xuvenil Fridays For Future Future (Venres polo Futuro), vén de publicar un novo manifesto no que, afirman, “non debemos descartar que a actual pandemia da COVID-19 sexa unha consecuencia máis do cambio climático e a continuada perda da biodiversidade”. Así, entendendo que a actual crise sanitaria é o máis urxente, piden tamén aprender dela: “se non aproveitamos esta forzada paralización da actividade para reducir e reorientar a nosa actividade, decidida e rapidamente, alcanzarase un cambio climático de tal magnitude e rapidez que faría imposible a nosa adaptación”. Emporiso no documento achegan tamén o seu ollar sobre as actuacións das que se debería dar conta para relanzar a actividade despois da crise sanitaria dun xeito xusto e sostible.
Previamente ao Día de Acción Global do venres 24, dende o MGPC organizaron unha completa semana de palestras web polo clima, ás que calquera pode acceder dende as ligazóns que achegan na súa web. De luns a venres persoas expertas poñen enriba da mesa as diferentes dimensións da crise ecosocial global e moitas das alternativas impulsadas dende o movemento climático.


















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



