Lugo, 4 de maio de 2020. A Deputación de Lugo pon a disposición do sector turístico provincial información relevante para facilitar a desescalada e a adaptación á nova realidade xurdida pola crise sanitaria do Covid-19. A través nun novo espazo na páxina web de Turismo, os profesionais e empresas deste sector poden atopar documentación como o Plan de Transición cara a Nova Normalidade establecido polo Ministerio de Sanidade, os servizos de asesoramento gratuíto que ofrece a propia Deputación a empresas, autónomos e emprendedores ou as axudas dispoñibles para o sector.
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, explica que “esta iniciativa permitirá que un dos sectores económicos máis importantes da nosa provincia e un dos máis afectados pola crise sanitaria poida atopar toda a información nun solo click e axudar deste xeito que as empresas reabran coa máxima seguridade”.
Ademais, pódese atopar un manual de boas prácticas, recursos de formación, informes de incidencia do Covid-19 no sector e recomendacións da Organización Mundial do Turismo. García Porto afirma que “os empresarios e emprendedores atoparán nesta páxina un aliado para a nova normalidade”. Pode accederse a través do apartado Espazo Profesional da páxina de Turismo da Deputación de Lugo e estará en permanente actualización (http://turismo.deputacionlugo.gal/gl/espazoprofesional/covid19).
O impulso do turismo é unha das grandes apostas da Deputación de Lugo e, co obxectivo de reforzar as experiencias e promocionar o patrimonio da provincia, durante a crise sanitaria do Covid-19 activou a aplicación móbil Lugo Cambia 360 a través da que se podía viaxar desde a casa.
Neste senso, a Deputada lembrou ademais que a Deputación, tal e como xa avanzou o Presidente, José Tomé Roca, aos axentes sociais e económicos da provincia, traballa no deseño dunha campaña estratéxica de promoción dos sectores produtivos, comerciais, hostaleiros e turísticos para a súa reactivación dunha maneira estable e eficaz. No referido ao turismo, a Deputación impulsará a provincia de Lugo como un destino seguro, saudable e de calidade, centrado en valores como a tranquilidade ou a sustentabilidade, e potenciando atractivos como a natureza, o rural ou a enogastronomía.



















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



