A Mariña, 6 de maio, 2020. O Plan de Choque Social Galiza é unha iniciativa que agrupa a case un centenar de colectivos galegos de ámbitos moi diversos, sociais, feministas, ecoloxistas e sindicais coa fin de deseñar e implementar un plan de choque que recupere e mellore as condicións de vida de toda a xente e en especial das persoas que antes da pandemia do Covid19 loitaban por sobrevivir e que agora son as máis desprotexidas.
#PintoUnCorazónVerde
Unha onda cidadá de corazóns verdes esixe reforzar a sanidade pública, as residencias e servizos sociais para saír da crise
Como resposta á crise sanitaria e social que estamos a atravesar, a plataforma # PlanDeChoqueSocial, da que forman parte máis de 400 organizacións sociais e ambientais, impulsa a campaña ‘Pinto un corazón verde’ para reivindicar uns servizos 100 % públicos, universais e de calidade. Decenas de personalidades da cultura, a música e a comunicación, así como profesionais dos servizos esenciais, sumáronse á campaña #PintoUnCorazónVerde e animan á poboación para colgar un corazón verde nos seus balcóns, xanelas, centros de traballo, hospitais, escolas ou medios de transporte. A campaña esixe que se revertan os recortes e as privatizacións que nos últimos anos de austeridade colocaron a España moi por baixo da media da UE en gasto social e por tanto nunha situación máis vulnerable ante a crise. Galiza leva anos sufrindo políticas de recorte de servizos públicos, como por exemplo na sanidade ou nas residencias de maiores, sectores nos que se deixaron sentir con forza as nefastas consecuencias de décdas de privatización e precarización.
“Os servizos públicos están ao noso lado desde que nacemos e acompáñannos en toda a nosa vida. Garanten dereitos fundamentais como a educación, a saúde ou a protección social. Por iso, cando recortan servizos públicos, recortan as nosas vidas, a nosa dignidade”. Así comeza o manifesto da campaña cidadá ‘Pinto un corazón verde’, coa que centos organizacións sociais, profesionais dos servizos esenciais e rostros coñecidos convidan á poboación para esixir uns servizos 100% públicos, universais e de calidade pintando un corazón verde nas súas xanelas.
A campaña #PintoUnCorazónVerde quere denunciar que a crise sanitaria e social provocada pola enfermidade COVID19 evidenciou que os recortes e privatizacións dos servizos públicos experimentados nos últimos anos, teñen consecuencias devastadoras. España está por baixo da media da UE en gasto sanitario (-1,1 %), educativo (-0,7 %), de protección social (-1 %), ou de vivenda (-0,1 %) e outros gastos necesarios, como os da loita contra a violencia machista ou a pobreza infantil, seguen estando lonxe do necesario para abordar estes problemas. No caso de Galiza, atopámonos con que a sanidade galega está á cola do Estado en camas de hospital por habitante, que o orzamento saniatario se reduxo un 18% desde 2018 e o persoal en 1.100 sanitarios menos.
A infradotación non só en hospitais, tamén de residencias de maiores, axudas á dependencia ou a precariedade dos servizos sociais han dificultado a actuación ante unha emerxencia xa non só sanitaria, senón social e alimentaria. Por iso desde a campaña denúnciase que os profesionais traballaron cunha falta de seguridade absoluta. “A pandemia está a ser especialmente crúa nas residencias de maiores, un sector altamente privatizado (en torno ao 85 % son residencias privadas, algunhas en mans de fondos de investimento) no que leva anos denunciando o mal estado das instalacións e a situación do persoal, escaso, saturado e mal remunerado. De feito, a Fiscalía investiga a 38 residencias de España, 19 delas en Madrid, onde se produciu a maior mortaldade (en torno ao 70 % das mortes por COVID-19 da rexión)” citan.
Para a plataforma cidadá #PlanDeChoqueSocial, composta por máis de 400 organizacións e colectivos sociais ao longo do estado español, é o momento de apostar “por un futuro que cambie o presente, e por un futuro para as nosas vidas con dignidade para todas as persoas”. Trátase, afirman, de poder afrontar esta pandemia e as futuras que poidan chegar, da mellor das maneiras. Tamén se trata “de non deixar a ninguén atrás” nesta crise social e económica que acaba de empezar.
Apoio de rostros famosos e sectores esenciais
No seu lanzamento a campaña #PintoUnCorazónVerde recibiu o apoio de máis dunha vintena de persoas representativas do mundo da cultura, a comunicación e a música. Ana Pardo, Antonio da Torre, Aitana Sánchez Xixón, Cristna Fallarás, Natalie Pozas, Sergio Peris, Juan Diego Botto, Carlos Bardem, Fernando Tejero, Alberto San Juan, Bob Pop, Olga Rodríguez, Rozalen, Amparo Sánchez ou Nacho Veigas son algúns dos nomes que se sumaron a pintar un corazón verde polos servizos 100% públicos.
Así mesmo, traballadoras e traballadores dos denominados sectores esenciais quixeron sumarse á convocatoria. Persoal sanitario, de limpeza, de transporte, servizos sociais ou de residencias de maiores son algúns dos rostros que se participaron. Tamén agricultoras, agricultores, gandeiros, transportistas e persoal do pequeno comercio alimentario. Todas estas persoas son quen, segundo a plataforma #PlanDeChoqueSocial viven no seu propio traballo diario a precarización dos servizos esenciais.
As entidades sociais desta rede convidan á cidadanía para colgar, a partir de hoxe, un corazón verde nos seus balcóns, xanelas, centros de traballo, hospitais, centros de saúde, despensas ou bancos de alimentos, colexios… facerse un vídeo ou unha foto e utilizar o HT #PintoUnCorazónVerde. Sexan famosas ou anónimas, as centos de persoas que impulsan esta campaña coinciden en que “desta crise só podemos saír se reforzamos os servizos públicos, universais e de calidade, sen privatizacións. Non queremos recortes nunca máis”. Estamos ante unha crise sanitaria sen precedentes, pero tamén ante unha crise social e económica de enormes dimensións. Para afrontar o devandita crise esixen a Goberno central e a todas as administracións que se reforcen os servizos públicos que nos últimos anos víronse precarizados e que se revertan os procesos de recortes e privatización que sufriron.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



