Riotorto, 10 de maio de 2020. O pasado 4 de abril o goberno de Riotorto anunciou, a través dos perfís oficiais na redes sociais e da aplicación Riotorto Informa, que o concello pagaría o importe dos recibos das persoas autónomas empadroadas no término municipal. O anuncio especificaba que se pagaría “a metade do recibo do mes de marzo e o recibo íntegro do mes de abril” aos autónomos que tiveran que pechar os seus negocios polo estado de alarma sanitaria.
Acreditado que o Estado exonerou aos autónomos de pagaren o recibo do mes de abril e comezou a devolver a metade dos recibos de marzo, o BNG pide ao goberno local que “aclare en que se concretarán as axudas anunciadas , que se presentaron coma a medida estrela do concello ante a crise provocada pola Covid 19”. O concelleiro nacionalista Luis Fernández urxe ao executivo do Partido Popular “a aprobar as bases e a convocatoria das axudas, para que as persoas interesadas teñan información sobra as contías e os prazos de solicitude”.
O voceiro nacionalista critica que “o alcalde fixera anuncios sen concreción ningunha xerando confusión entre a veciñanza” e cuestiona a motivación do goberno local á hora de facer a proposta xa que, explica, “o goberno do Estado xa tiña anunciado daquela que exoneraría do pago das cotizacións sociais aos autónomos que solicitaran o cese de actividade pola alarma sanitaria”
Así, a formación nacionalista demándalle ao goberno local que “faga propostas realistas, compatibles coas competencias que teñen os concellos en materia de axudas directas” e “non siga vendendo fume a veciñanza”, e solicita “que convoque aos sectores produtivos e aos grupos municipais para propoñer e consensuar medidas de protección social e reactivación económica”.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



