Xa estamos axeitados a falar de fases. Todo o mundo sabe en que fase estamos. Vemos -máis ou menos, coa confusión lóxica en cada transición- cambios que implica. Asumimos que a loita contra a pandemia inclúe unha estrutura de fases de desconfinamento, que non podemos de pronto baixar todas as defensas, porque sería unha toleada.
Mais hai outras fases. Por exemplo, as fases dos duelos, que veñen a ser: a negación do feito, da perda; a ira como rebelión ante a perda; a negociación tentando comprender o que (nos) está a ocorrer; a depresión como impotencia; e a aceptación como evidencia de que se non hai nada que facer, hai que tirar para adiante…
Os cambios de fase sempre levan a confusión, despiste, exploración de límites… ó fin, trátase de facer a transición entre estruturas moi diferentes, e non sempre se teñen os límites claros. Algo diso está a pasar con outros cambios de fase: os que sinalan a variación da mentalidade que ofrecemos como sociedade.
Un exemplo: pasamos de sorrir ante o levar mascariñas a levalas, en pouco tempo e razonando entre nós que o sorriso anterior era debido á desinformación -non falta de información, ou outros factores, non, senón desinformación- para, a renglón seguido ter xa superada esa fase e non voltar sorrir ante a vista das mascariñas, senón pasar á considerar que estamos por riba desa necesidade de protección. Evitando polo demais o feito de que estamos todos xuntos nisto, que non hai a salvación individual sen a protección colectiva.
Outro? De ser un tema secundario, a pandemia pasou a ocupar o universo das novas e das conversas. Tanto, que era aconsellable baixar a dependencia dese tema para evitar fixacións psíquicas. Ben, pois agora esa fase, da pandemia-virus no universo da comunicación entre nós, está dexando paso de xeito rápido a outra, a crise económica derivada. A nivel conversa e a nivel noticia. É curioso que cando o boom da comunicación sobre coronavirus se procurara indicación do que se facía noutros lugares, de xeito lóxico pois todos somos humanos, e as receitas son xerais. Mais nesta outra fase, a procura de indicacións quédase curta. E tenta ser substituída por imposición ‘para onte’ de toda canta medida se adopte alén da fronteira. Sen considerar que a sociedade, a estrutura económica ou os medios poden ser ben diferentes aquí que en Dinamarca, poñamos. Nese cambio de fase, queda só como curiosidade de casos puntuais o retorno atrás nalgunha disposición de xestión en Singapur, Corea ou China, o que non abonda para dar marcha atrás, ó tema anterior na importancia para a comunicación.
O cambio de fase mental, do conxunto de todas esas visións sobre cousas da vida e en cada un de nós, non é algo que se consiga da noite para a mañá. Hai quen vai máis lento, hai quen máis rápido. Hai quen ten establecido -porque o considera necesario- un protocolo para entrar na casa en relación á protección anti coronavirus e hai quen seguirá tempo estornudando sen nin poñer a man diante, como para pensar en protexer coa parte interna do codo como se aconsella. Hai quen segue a pensar que non pasa nada por contaminar, sexa queimando gasolina ou utilizando plásticos dun só uso, e hai quen procura minimizar o consumo e ve na perda da natureza unha das claves da produción da pandemia. Mais ese cambio de mentalidade está a producirse, un cambio de fase mental a nivel global -non de Ribadeo, Galicia ou España- e irá deixándose ver: as revolucións teñen algúns efectos inmediatos, pero ata que se deixan sentir dun xeito asentado na grande maioría da xente, pasa un tempo non desprezable. Ou, non hai quen cre aínda que o rei está por riba da lei?

















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



