Compostela, 12 de maio de 2020. Queremos Galego chama a sociedade a “desconfinar” a nosa lingua, o 17 de maio, pendurando de xanelas e varandas a bandeira galega e cartaces co lema Precisamos do galego: xustiza, igualdade e cohesión como os que a plataforma ofrece desde a súa web, listos para descargar e imprimir en difetentes formatos. A plataforma cidadá, composta por máis de 600 entidades, estende o convite a todas as persoas que queren a Galiza e que saben que a lingua nos fai ser e existir como pobo, advertindo que “a súa normalización é necesaria para os avances sociais e democráticos”. As persoas usuarias das redes sociais poden participar partillando mensaxes escritas, vídeos, fotografías ou audios coas etiquetas #PrecisamosDoGalego #QueremosGalego #Eufalogalego.
“A lingua é cohesión social”, recordou esta mañá en rolda de prensa virtual Marcos Maceira, voceiro de Queremos Galego, “unha lingua normal é falada por todas as persoas independentemente de calquera diferenza social, política ou de idade.” Maceira denuncia a “inacción dos poderes públicos, galegos e estatais en relación ao galego” e esixe que se garanta “a presenza e a dispoñibilidade total do galego en todos os espazos e circunstancias: xustiza, ensino, administración pública, ambito socioeconómico, canles de información ou saúde”.
“É incríbel”, lamenta o voceiro de Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización, “que despois de máis dunha década de mobilizacións e da alerta por parte da sociedade da emerxencia lingüística que vive a nosa lingua, a Xunta insista en desprezar o galego”. “O goberno galego deberíase avergoñar”, abunda Maceira, “despois de recibir os posicionamentos do Consello de Europa e da ONU”.
A plataforma cidadá reclama ao goberno da Xunta que actúe e que se poña á cabeza. “Ao actual e ao que viñer”, apunta Maceira. “É obriga legal da Xunta, mais por riba de todo é unha necesidade para avanzarmos colectivamente coa cohesión social tan necesaria sempre e máis en momentos como o actual”. “A sociedade non pode ficar soa na defensa da lingua”, remata.
Un pequeno grupo de persoas representantes das entidades que forman parte da xestora de Queremos Galego celebrará, o mesmo día 17 ás 11.30 da mañá, unha ofrenda floral no busto de Carvalho Calero de Santiago de Compostela, onde darán lectura ao manifesto, unha carta aberta a Carvalho da profesora Pilar García Negro. Levarán elementos de seguranza persoal e manterán o debido distanciamento.


















Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



