Burela, a 12 de maio de 2020. O Grupo Municipal do PP denuncia, unha vez máis “as artimañas e a falta de previsión do Sr. Llano”. E é que o rexedor, aproveitando a situación particular de alarma pola crise sanitaria, “pretende, mediante prácticas impropias dun alcalde dunha vila coma Burela, completar un dos seus anhelos políticos e cambiar o mercado dos venres para Torrentes”, afirman.
“Todo elo sen consensualo, ata onde nós sabemos, con ningunha asociación ou colectivo que directamente puidera estar afectado por este feito, enténdase como tal a Acia a Asociación de Veciños, os hostaleiros ou os propios comerciantes”, insisten.
Para os populares, o dirixente local demostra novamente “a súa absoluta falta de previsión e de capacidade de xestión, máxime cando xa hai días que se veñen celebrando mercados noutros concellos sen ningún tipo de problema e con tódalas garantías”, sinalan.
“Cambiar o mercado dos venres para Torrentes é unha temeridade innecesaria, sobre todo cando aínda non se aprobou o regulamento para o mesmo que xa prometera no mandato anterior”. Ademais, destacan, “nada garante que nin os comerciantes, tal e como se nos traslada dende este colectivo, nin os compradores habituais, veciños ou non de Burela, acudan a esta nova ubicación”.
Dende o PP pregúntanse “por que poñer en risco este aliciente económico e turístico para Burela que é o que representa o mercado dos venres?. Se pretende cambialo hai outras opcións que os comerciantes e os veciños verían con mellores ollos, tal e como se nos comentou. Pero é que nós consideramos que non hai un estudo rigoroso que o avale porque, se é coma noutros concellos onde só puideron acudir os comerciantes do sector da alimentación, o espazo para a distribución dos mesmos aumenta co cal se poderían garantir as correspondentes medidas hixiénico-sanitarias co correspondente proxecto técnico pero claro, aí xa toca traballar, e isto e o alcalde non casan na mesma frase”, advirten.
“Este son o tipo de actitudes que, dende o PP, consideran, que non deben de ser consentidas por aqueles que, facendo gala dunha máxima responsabilidade, poden evitalo na corporación municipal”.










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



