Lugo, 13 de maio de 2020. No pleno extraordinario da Deputación solicitado formalmente polo PP co fin de debater e consensuar o Plan Poscovid, é dicir, as medidas de intervención directa da Deputación para axudar a superar a crise sanitaria e económica, os populares defenderán o uso dos remanentes de que dispón o organismo provincial para axudar ás empresas lucenses e para, en xeral, a reactivación da economía en Lugo. É preciso que a Deputación faga uso dos seus remanentes (como mínimo oito millóns do total de 67 millóns), para o fin indicado, canto antes para evitar que estes cartos poidan chegar a ser tutelados polo Goberno, tal como apuntou no Congreso, o pasado 30 de abril, a ministra de Facenda, co fin de cubrir aquilo ao que outras administracións non poidan chegar. Unha decisión deste tipo iría en contra da autonomía que a Constitución recoñece a municipios, provincias e Comunidades Autónomas, e crearía graves dificultades á Deputación para impulsar a reactivación do tecido produtivo da provincia. O portavoz popular, Javier Castiñeira avisa ao presidente, José Tomé: “Pedro Sánchez ten os ollos postos nos remanentes das administracións locais, como é o caso da Deputación; hai que investilos nun Plan Poscovid antes de que sexa tarde”
Os populares solicitaron un pleno extraordinario á vista de que o presidente da Deputación, José Tomé, non convocou sesión ordinaria en abril e rexeitou teimosamente as solicitudes do PP para que convocara unha reunión da xunta de portavoces; unha reunión cuxa finalidade sería a de analizar a situación na que se atopa a provincia a causa da dobre crise, sanitaria e económica, e establecer medidas de intervención directa do organismo provincial para axudar aos lucenses a superar a actual conxuntura. Unha das medidas que os populares defenderán no pleno extraordinario e a constitución dunha comisión formada por todos os grupos políticos e por representantes dos sectores produtivos e sociais, que debe ser a encargada de deseñar as medidas a adoptar pola Deputación, e avaliar o seu desenvolvemento.
O portavoz popular, Javier Castiñeira, recorda que o obxectivo do seu grupo é que a Deputación utilice os remanentes de que dispón para establecer axudas a empresas e autónomos; en síntese, ao tecido produtivo. “E hai que facelo canto antes, porque os lucenses precisan estas axudas e porque, se o Goberno avanza na liña esbozada pola ministra de Facenda, é moi posible que queira facerse cargo dos remanentes para os fins que considere máis adecuados”. Explica: “Se o Goberno fai tal cousa irá contra o principio de autonomía local recollido na Constitución. Pero o peor e que deixaría ao organismo provincial sen uns recursos que teñen que ser fundamentais para axudar aos nosos veciños a superar unha crise que xa crea e vai crear moitas dificultades en Lugo”.
O Plan Poscovid ten que incluír -di Castiñeira- unha decidida intervención na creación directa de emprego. Ademais do emprego que se derive da contratación de obras e servizos pola Deputación, é preciso estudar baixo que fórmulas se pode ampliar a contratación de traballadores pola Deputación.
O portavoz do PP insiste en ofrecer a súa colaboración e traballo para axudar aos lucenses a superar canto antes a crise sanitaria e as súas consecuencias económicas.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



