Compostela, 13 de maio de 2020. Galicia en Común-Anova Mareas criticou este mércores que o plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da Covid-19 fía todo ao Xacobeo, ao considerar que as medidas anunciadas pola Xunta son insuficientes para garantir o dereito de acceso á cultura e a protección do emprego.
Así o manifestou a deputada do Grupo Común da Esquerda, Ánxeles Cuña, en resposta á comparecencia do conselleiro de Cultura e Turismo no Parlamento. “Non é consciente de que cae o seu plan estrela, e con el vense todo abaixo”, declarou, incidindo en que “diante da destrución de emprego e caída de ingresos, as medidas que vai implantar o Goberno galego para paliar a situación non parecen estar á altura da gravísima situación”.
Cuña afondou en que “a situación é tráxica, pero tamén é unha oportunidade de facer un cambio de paradigma real”, xa que “hoxe máis que nunca temos que poñer a vida no centro”. Pola contra, indicou que “é unha mágoa non poder felicitalos por un plan tan necesario nesta continxencia: o desamparo é terrible. Nin empatía, nin franqueza”.
Así, fronte a un novo exercicio de propaganda por parte do Partido Popular, reclamou “discursos claros e valentes. Digan a verdade”.
A deputada demandou que as medidas deben ter presente o impacto da crise, así como a posibilidade de que poida ser maior “se non se acada acada a normalidade ata despois do verán” ou se se produce un repunte da pandemia no outono. Entre as consecuencias económicas nos sectores turístico e cultural, Cuña lembrou que “o 31% dos ERTES presentados en Galicia ata o momento corresponden a eles”, tendo en conta que “pola intermitencia na contratación, moitas traballadoras non poden beneficiarse dos ERTES”. Á vista destas graves consecuencias, reiterou a necesidade de medidas “que estean á altura”.
Ánxeles Cuña tamén cuestionou a dotación orzamentaria, acusando ao Goberno de Feijóo de pretender unha “gran ganga cun plan a custe cero”. Entre as preguntas non respondidas polo conselleiro, Cuña salientou que a máis importante é que partidas se reducen para financiar o plan, xa que non hai orzamento adicional.
“Reestruturan fondos da propia consellería equivalentes ao 17% do orzamento para 2020, pero non se indican as partidas de procedencia dos fondos que son minoradas para financiar as novas actuacións”, apuntou. Polo tanto “os hipotéticos incrementos de recursos asignados ás medidas, terían a súa contrapartida na redución (polo mesmo importe) dos créditos asignados a outras medidas orzadas e necesarias para o desenvolvemento deses sectores. Vestir un santo e espir outro”, concluíu.
A deputada afirmou que esta fórmula “non parece razoable e limita moito os potenciais efectos do plan”, remarcando entre as insuficiencias do mesmo o feito de que “o Goberno galego é o único que non puxo en marcha medidas de axuda directa a autónomos e pemes do sector”.
Para finalizar, Ánxeles Cuña citou outras eivas do plan da Xunta. Así, afeou a “opacidade e falta de transparencia” na forma de implementar as medidas, e lamentou que non garante dereitos, como a participación de todos os axentes culturais ou a libre creación e acceso á cultura trasladando as demandas de diferentes colectivos profesionais. “Non demostran capacidade de interlocución co sector, hai moita xente ninguneada”.



















Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



