Lugo, 13 de maio de 2020. O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, informou este mércores de que vén de autorizar a renovación da colaboración económica que mantén a institución provincial co Centro Asociado da UNED en Lugo, o que supón unha achega de preto de 300.000 euros para esta ano 2020. A través deste convenio, a Deputación colabora no financiamento dos gastos derivados do funcionamento deste centro, como os de dirección e coordinación, de administración e servizos, titorías, locais, edificios, instalacións e materiais, ou desprazamentos de profesores para participar na dirección, xestión e docencia en seminarios e convivencias do Centro Asociado.
Ademais con esta achega anual, a institución provincial impulsa, da man da UNED, numerosos proxectos e pioneiras iniciativas coas que os alumnos e alumnas deste centro poden ampliar e completar a súa formación.
Con esta aportación, a Deputación de Lugo renova o firme compromiso que mantén coa UNED en Lugo. A institución provincial financiou a construción dunha sede deste centro na cidade lucense, o que permitiu a implantación da Universidade a Distancia na cidade, deixando de ser a única capital de provincia de Galicia na que a UNED non tiña centro físico, así como a súa consolidación, pois a día de hoxe inclúe 22 ofertas de titulacións de grao.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



