Lugo, a 17 de xuño de 2020. Na reunión deste mércores, Alcoa comunicou que o 25 de xuño presentará de maneira formal o ERE de extinción para a fábrica de aluminio de San Cibrao. Con esta decisión “a empresa demostra a nula vontade por buscar unha saída e rebenta calquera solución que lle estabamos a formular de como abordar que o Goberno de inmediato aprobe unha tarifa industrial que permita crear un marco estábel do prezo da enerxía e que posibilite garantir os postos de traballo e a actividade produtiva”.
Esta comunicación, ademais, explica o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, dáse nun contexto no que hai convocada reunión da mesa multilateral para o día 23, mais sen certezas e sen un calendario claro da aprobación do estatuto do consumidor electrointensivo e de todas as medida complementarias para crear ese marco estábel, “malia que así se lle ten demandando en varias ocasións ao Goberno español”.
A isto hai que sumar a negativa do Executivo español a derrogar aqueles artigos da reforma laboral que permiten que Alcoa de forma unilateral poida despedir a 534 persoas do seu cadro de persoal e outras 400 das auxiliares, que tamén quedarán na rúa.
Neste senso, Paulo Carril reiterou que a situación á que Alcoa aboca ao persoal das empresas auxiliares non é un dano colateral, senón que a multinacional debe asumir como propia esta problemática, pois estes traballadores e traballadoras prestan servizos na fábrica de San Cibrao e aínda que deberían formar parte do cadro da principal, os seus postos foron externalizados co único obxectivo de abaratar custes laborais.
Á vista da precipitación dos acontecementos e da negativa de Alcoa a agardar polas medidas gobernamentais, a CIG insiste na necesidade de pór en marcha de inmediato os mecanismos para unha intervención pública e que a fábrica de aluminio retorne ao sector público onde naceu. Esta opción non só é legalmente posíbel, senón que é viábel, tal e como evidencia o exemplo da planta de Portovesme en Italia, de características moi similares ás da fábrica galega.

















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



