Cervo, 17 de xuño de 2020. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, califica de “alarmante e inquietante” a información que a empresa lles fixo chegar no día de hoxe aos traballadores, anunciando que continúa cos pasos anunciados para o despedimento colectivo na planta de aluminio.
Villares cre que o tempo está a xogar na nosa contra, pero insiste en que aínda se poden activar eses mecanismos cruciais para que a produción do aluminio da nosa Comarca sexa viable; de tal xeito que “unha vez máis pedímoslle encarecidamente ao Goberno central que convoque urxentemente a poxa de interrumpibilidade con bloques de 90 megavatios”, que son os únicos que lle poden interesar á nosa empresa do aluminio; e que saían a poxa ata o primeiro semestre do ano 2018; mentres que na última só estiveron dispoñibles os bloques de 5 MW o que supuxo un recorte substancial dos incentivos anuais, resalta.
Ademais, tal e como vimos demandando desde fai dous anos o Comité de empresa e as diferentes administracións, e tal e como acordamos todos na reunión mantida onte co Presidente da Xunta en Santiago, é fundamental que o Goberno aprobe ese estatuto incluíndo as alegacións presentadas polo propio Comité e por Galicia, Asturias e Cantabria.
O rexedor cervense argumenta que tan só se se dan ese pasos saberemos as verdadeiras intencións de Alcoa, pero esta claro que tomar estas medidas é o prioritario e urxente “para garantir a viabilidade da nosa industria, para garantir o futuro da nosa Comarca á que lle deben 70 millóns de euros que proviñan do Estado ano tras ano para minimizar o custo da enerxía”; sen esas medidas –engade- “a nosa fábrica está condenada a morrer”.




















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



