Lugo, 22 de xuño de 2020. A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, a xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, e representantes dos colectivos Arelas, Avante LGTBI+ e Sete Outeiros presentaron este luns a programación Lugo Diversx, que se desenvolverá desde hoxe ata o 14 de novembro con actividades orientadas á visibilización e recoñecemento da diversidade e da liberdade afectivo sexual.
Maite Ferreiro sinalou que “as actividades prográmanse na semana na que a Rede Museística Provincial recupera ás actividade presencias, unha coincidencia coa que queremos evidenciar unha vez máis o compromiso coa inclusión e a igualdade, coa que traballan os museos provinciais”. “Non só nestas datas nas que estas reivindicacións teñen un eco especial con motivo do Día do Orgullo LGTBI+, senon todos os días do ano”, subliñou a vicepresidenta na presentación do programa na que tamén interviron representantes dos colectivos que colaboraron no seu deseño.
Ferreiro sinalou a necesidade “de visibilizar e reivindicar mais ca nunca o dereito de todas as persoas a ser e vivir libremente” e advertiu “do perigo de certos discursos que fan retroceder á sociedade no recoñecemento desa diversidade afectivo sexual”.
Actividades de xuño a novembro
A programación inclúe palestras, exposicións, concertos, presentacións de libros e proxectos culturais e accións de visibilización nas redes sociais. Hoxe mesmo ponse en marcha nas redes sociais da Rede Museística Provincial a iniciativa Vitrinas Dexeneradas, aberta á participación de calquera persoa.
Usando os cancelos #VitrinasDexeneradas #MuseosDiversoseInclusivos #RMPL #lugoparati #lugodiversx #dim2020, cada participante poderá escoller un obxecto relacionado coas reivindicacións e a loita polos dereitos da comunidade LGTBI. As propostas sumaranse para crear unha exposición virtual colectiva.
O mércores 24 de xuño -no marco do programa cultural Tarde e Tardiña da área de Cultura do Concello de Lugo, que tamén colabora así con Lugo Diversx- poderá verse o espectáculo musical Soñando Inventei de María Faltri e Jorge Juncal (17.00 horas e 18.30 horas, na Calella do Hospital en Lugo).
O venres 26 inaugurarase na Praza de San Marcos a exposición Lugo Diversx. Orgullosxs de ser, vivir e amar libremente, con 30 paneis que repasan a loita da comunidade LGTBI polos dereitos fundamentais. Nos vindeiros meses, a mostra viaxará por diferentes localidades da provincia.
Nos vindeiros meses, a programación continuará coa presentación de libros, palestras, un videoforum e mais o concurso de relatos e poesía de temática LGTBI+ e en galego.











A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



