Lugo, 22 de xuño de 2020. A provincia de Lugo é unha referencia na industria agroalimentaria. Algunhas das súas empresas son punteiras en España. A presidenta do PP lucense, Elena Candia, cabeza de lista pola provincia ás eleccións municipais, visitou recentemente Leite Río, no polígono do Ceao, e mantivo unha entrevista coa súa titular, Carmen Lence. No transcurso da reunión pasaron revista á situación do sector.
Candia, ao fío da reunión con Lence, destacou que a Xunta destinará un total de 10.250.000 euros ao eixo da promoción, comercialización e internacionalización dos produtos galegos dentro do plan de reactivación e dinamización que impulsa a Consellería do Medio Rural, para facer fronte á crise provocada pola covid-19 nos sectores primarios da nosa comunidade. A Xunta traballa en potenciar a marca Galicia Calidade como un selo que englobe, identifique e mellore o posicionamento dos produtos do sector primario, tanto os que contan con denominación de orixe e indicación xeográfica protexida como os derivados das razas gandeiras autóctonas, os que contan co selo de artesanía alimentaria, os amparados por Galega 100% ou os de PescadeRías.
Ademais coa participación de Medio Rural e do Igape están deseñando un Plan de internacionalización das empresas agroalimentarias da nosa comunidade. Esta iniciativa incluirá, entre outras cuestións, a fixación de países obxectivo, estudos de mercado, asesoramento, formación, asistencia a feiras e misións comerciais. Neste mesmo sentido, dentro do eixo da formación, innovación e dixitalización, aplicarase un plan de formación e asesoramento en márketing e loxística de vendas, que incluirá tamén unha liña de axudas para a contratación polas pemes do sector de persoal especializado
Por outra banda: a Xunta rematará de aboar nos vindeiros días as axudas da PAC de 2019 a máis de 11.000 gandeiros e agricultores da provincia de Lugo.
Axudas
Por outro lado, dentro da liña de axudas establecidas pola Xunta para investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios (ICA), desde o ano 2016 prestou apoio na provincia de Lugo a 49 empresas, con aportacións que suman un total de 10.348.476,78 euros


















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



