Ribadeo, 23 de xuño de 2020. O alcalde, Fernando Suárez, anunciou que a Deputación Provincial de Lugo levará a cabo actuacións en varios camiños tanto da costa como do interior. O parque móbil realizará melloras neses viarios durante un mes. O rexedor pide precaución aos condutores e agradece que o presidente da institución provincial cumpra co compromiso anunciado hai un tempo para Ribadeo.
Suárez Barcia dixo que “cumprindo o compromiso que o presidente da Deputación fixo, aquí en Ribadeo hai uns meses, nestes días chegou o parque de maquinaria da Deputación Provincial de Lugo e estará facendo actuacións de mellora, de rebacheo e de amaño de diferentes camiños municipais, tanto nas parroquias de costa como nas do interior. Estará por un período de un mes”.
O alcalde sinalou que “facemos esta comunicación, desde o punto de vista informativo, para falar das precaucións que teñen que ter os condutores porque vai haber algunhas vías que, por mor destas obras, estean pechadas ao tráfico durante un tempo e deberán buscar treitos alternativos”.
O rexedor engadiu que “esta actuación que a Deputación de Lugo está facendo aquí en Ribadeo é moi importante, porque se ben é certo que nestes últimos anos fixemos moitos camiños, aglomeráronse e amañáronse, temos unhas vías municipais moi extensas, moitos quilómetros, e toda axuda é pouca para telas nun estado óptimo de conservación e mantemento”.






















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.